Backups fáciles con Déjà Dup

Backups fáciles con Déjà Dup

Unha das cousas que máis me sorprende no trato con algúns clientes é a falta de preocupación polos datos que gardan nos seus equipos informáticos…ata que os perden. Neste aspecto eu son tan paranoico que os datos máis importantes tamén -algúns- os gardo en analóxico. Tampouco é que librara de golpes. Non fai tanto perdín unha parte importante de información despois dun problema que raia o estatisticamente imposíbel. É evidente que foi culpa miña. Por sorte, grazas a certas utilidades de recuperación de datos o desastre foi menos. No tema das copias de seguridade podería escribir unha novela dado a cantidade de sistemas que levo implementado en todo tipo de máquinas e sistemas -servidor, estacións de traballo, Windows, Linux,...

Ler máis

Instalación de Fedora 14 en Virtualbox

Fai tan só unhas horas que está dispoñible a nova versión de Fedora: Fedora 14. Despois do estupendo cambio de imaxe da web do proxecto Fedora, invitaba a probar esta nova versión da popular distribución auspiciada por Red Hat. Persoalmente simpatizo máis cos rapaces de Red Hat que cos de Canonical por preferencias persoais -non son anti rpm- e pola forma de involucrarse cada un dos colectivos no apoio ao software libre. Iso non impide que por temas laborais sexa un usuario de Ubuntu case a tempo completo salvo pequenas citas con Arch Linux. Esta nova versión ten moi boa pinta e xa haberá tempo de destripala a fondo. De momento deixo un álbum coas capturas de todo o proceso de instalación. O punto negativo é que o galego non está presente como opción...

Ler máis

Ubuntu 10.10 – Evolution non manda os links ao Firefox

Ubuntu 10.10 – Evolution non manda os links ao Firefox

Trasteando un pouco coa Ubuntu 10.10 -moi bonita pero con algún error de vulto se nos fixamos un pouco- vexo que un dos problemas que da ocorre a hora de premer nalgunha ligazón recibida por email. Concretamente aparecemos esta ventá: Despois de maldecir a Mark Shuttleworth un par de veces, a imaxe de error danos toda a información que necesitamos, procedemos a facer un apaño. vamos a «Sistema –> Preferencias –> Aplicativos preferidos». Aquí procedemos a substituír: /usr/lib/firefox-3.6/firefox "%s" por /usr/bin/firefox "%s" Outra opción máis simple é seleccionar «Firefox» no desplegable.

Ler máis

Proxecto Abalar con linux

Onte tivo lugar a presentación en sociedade dos ordenadores do proxecto Abalar en Ourense. Os destinados aos cativos son uns Inves nobi 10. O cacharro en cuestión -teño dous na miña mesa- ten moi boa pinta. Resistente, pantalla rotatoria, webcam, cómodo, disco duro xeneroso. O que máis me gusta é que leva instalado un sistema operativo libre e múltiples ferramentas -educativas sobre todo- tamén libres. Ubuntu 10.04 Netbook que aproveita todas as capacidades do dispositivo incluídas a pantalla táctil. Modificada para adaptala a o contexto no que se vai usar e pensando no perfil dos usuarios finais. Non é que eu lea moito a prensa nin vexa a TV pero o que si me fixei e que ningún sitio -que teña constancia- se fixera eco deste aspecto. Ninguén...

Ler máis

Instalar django en Arch Linux

pacman -Sy django

Ler máis

Como instalar Ruby on Rails en Arch Linux

Máis fácil imposíbel, 1 1 sudo pacman -Sy ruby rubygems e 2 1 sudo gem install rails Probamos que funciona: 1 rails licorcafe Arch mola!

Ler máis