Subir arquivos con ncftpput
Ncftp é un cliente ftp para terminal moi sinxelo de utilizar. Unha vez se lle pilla o tranquillo é fácil sentirse máis cómodo con este tipo de programas que con outros con GUI. Mediante ncftpput podemos subir comodamente arquivos ao noso servidor vía ftp. A sintase é simple. Sempre temos o man para refrescar a memoria ou para consultar opcións. Un exemplo de como subir un directorio é o segunte que estou usando agora para subir un plugin ao WordPress: 1 ncftpput -R -u usuario ftp.host-remoto.com /public_html/directorio/wp-content/plugins /home/seve/Descargas/plugin-folder -R é para o modo recursivo. Neste caso subimos un directorio. -u é para indicar o usuario. Despois poñemos o nome de usuario. Despois ven a dirección do host remoto, a dirección...
Ler máisSincronizando con Unison
Unison é unha ferramenta para a sincronización de arquivos moi potente. Instalamos unison e unison-gtk: sudo aptitude install unison unison-gtk Configuramos as carpetas a sincronizar mediante a interface gráfica de unison. Fácil e máis cómodo. Para que faga todo automático usamos o comando: unison -auto -batch nome // sendo "nome" o nome que demos a esa configuración cando a creanos Por comodidade, creamos un lanzador no escritorio de tipo aplicación en terminal e pegamos o comando anterior. Nota: Unison debe estar instalado nos dous equipos para que funcione.
Ler máisGalinux; Ubuntu en galego
Mentres agardo a que baixen os paquetes necesarios para rematar de instalar un servidor correndo en Debian venme a mente un deses anuncios que vexo na Galega a hora de xantar onde sae dun ovo algo que parece unha mezcolanza entre o monstro das galletas e un pingüin. A Xunta parece que se anima a apoiar o software libre cunha aposta chamada Galinux: Unha Ubuntu 8.04 en galego. Esta ben. Moitos vamos a ser tremendamente felices vendo como os equipos de todos os traballadores de administración pública galega corren con software libre…e menudo aforro en licencias nestes tempos de crise… supoño que predicarán co exemplo como está a facer a administración da Junta de Extremadura… Unha distro máis no mercado; por se había poucas....
Ler máisEntrega de diplomas no CEI
Hoxe pola mañán tiven a oportunidade de asistir o acto de entrega de diplomas do CEI para tódalas persoas que puidemos facer os cursos que ali se impartiron nos últimos meses. Da tropa que fixemos o curso de Linux asistimos o 50% a un acto que presidiu Xosé Clemente López Orozco. O acto é os correspondentes discursos foron breves (cousa que se agradece) e transcorreu toda a cerimonia nun ambiente relaxado. Eu, cando nacin, en vez de traer un pan debaixo do brazo vin cun libro chamado «As leis de Murphy«: hoxe puxen en pratica uns cantos capítulos; case caio ó ir a recoller o título, esquencinme de darlle a man tanto a Eva Real, coma a Orozco, o Delegado Provincial da Consellería de Traballo e o...
Ler máis







