Xa non quedan humanos vivos
Todo empezou por azar. Tódalas cousas importantes ocorren por azar. Non se sabe moi ben onde pero sempre se sospeitou que a orixe estaba en New York. Esa megalópole inhuman levou a culpa. Durante os primeiros meses ninguén se decatou. A fin da humanidade viaxou en primeira clase nos mellores avións de British Airways, nos mellores trens, nos cruceiros de luxo. Pero tamén tomou a senda da marxinalidade e non lle fixo ascos a clase turista dos avións, a autobuses de terceira de países que case ninguén ubica no mapa ou a calquera outro medio de transporte usado por persoas e pulgas. Cando os científicos empezaron a sospeitar que acontecía algo fora do normal xa era demasiado tarde. Media poboación mundial estaba contaminada. Puta goblalización. Primeiro...
Ler máisA miña vida en oposicións
Non é mal título para unha serie de televisión Fun a unha oposición a unha lonxana cidade galega gobernada con puños e flores onde xogaba un gran equipo de fútbol. Pasei calor, esperei durante horas, fixen o que puiden. Non se dignaron en contestar as reclamacións. Dixen: outra vez será. Fun a unha oposición a unha vila pequena no medio da terra para ser laboral. Pasei frío, esperei durante minutos, fixen o que puiden e aguantei a cheirume da bula das vacas. Aprobei. Era un exame doado, pena que os únicos puntos que teño eu son de sutura. Quedei sen traballo. Dixen: outra vez será. Fun a unha oposición, meses despois, a unha vila pequena que xa coñecía para ser funcionario. Pasei frío, esperei demasiado, fixen o que puiden pero eu non era de...
Ler máisAs oposicións son coma unha caixa de bombóns…™
Foi moi divertido: iso é bo. Cando pensei que xa o vira todo non mundo das oposicións, ZAS! pasa algo que te deixa pampo. Son as cousas bonitas da vida: as sorpresas. Resulta que este sábado aproveitando que era fin de semana, que o Miño anda baixo de caudal e que xa pagara as tasas fun dar unha voltiña por Santiago e de paso facer un exame dunhas oposicións de Auxiliar Técnico de Informática convocadas pola magna e insigne institución coñecida por propios e estraños coma USC. Despois do pao que me levei co exame de psicotécnicos da Xunta, que me saíu mal a mais non poder estiven uns días un pouco baixo e pensei en pasar de ir facer o exame para a oposición de ATI da USC, máis que nada por non ter nin temario, nin ter estudado nada. O final...
Ler máisOs meus demos
Todos levamos os nosos demos connosco, día e noite, espertos e durmidos. Nunca nos deixan. Con sorte soportámolos e conseguimos vivir con eles; senón acaban por destruínos ou o que é peor escravizándonos. O meus demos son diúrnos, tranme imaxes do futuro e do pasado. Móstranme cousas que non quero ver. Dígolles que marchen pero eles sempre están a espreitarme, agardando un momento de fraqueza para voltar a atacarme. Son eles os que definen a miña existencia, atemporais, etéreos, todopoderosos. Adoptan múltiples formas: autocompaixón, vergoña, fobia, odio, ira, vinganza e sobor de todo; medo. Medo é o xinete que sempre vía diante dos outros,...
Ler máisSodomía
Era pequeno, un neno inocente. Tivo mala sorte: unha veciño que era un fillo de puta. O veciño un par de anos máis vello ca el. Unha mala besta que gozaba enleando os cans, zoupando no ganado e pegándolle ós nenos máis pequenos. Sempre que a inocencia busca a verdade da humanidade atopase coa pestilencia da realidade. Un día estando os solos xogando na aira da casa da mala besta. Este, que xa lle fixera un par de perrerias como comer un ovo choco, obrigouno a que baixara os pantalóns e escomenzou a tocarlle os xenitais. O ceo púxose negro e púrpura, mentres o probe cativo non sabía que facer comido pola ira, a impotencia e a vergoña. Simplemente deixouse tocar e calou. Nunca llo contou a ninguén, morría coa vergoña. O seu...
Ler máisO parvo que se cre o rei
Vinte cara a cara. Non es nada do outro mundo. Un parvo máis que se cre alguén porque por un accidente cósmico outorgóuselle un pouco de tempo neste planeta. Qué fas con el? Nada. A túa mente atrofiada non é capaz nin sequera de calibrar a razón da súa propia existencia. Se o fixeras o teu punto de vista, a túa situación vital, cambiaría. Abúrresme. Sinto pena por ti. Eu vin que todo e fútil; ti nunca o chegarás a comprender. Temos que deixarnos levar coma a folla que vai paseniño río abaixo. Entendes? Xa sei que non. Observando o camiño verías que todo o que queres xa o tes. Non es capaz de entendelo. Non falo desas parvadas que tanto che gustan e tanto che importan. Falo de todo iso que tes diante e non ves porque estás cego pola túa propia...
Ler máis







