O gran buscador

Buscaba un sitio para cometer o seu próximo crime, andaba na procura dunha rexión perdida e sen lei onde poder actuar con facilidade. Con forzas de seguridade corruptas as que fora fácil subornar. Chamou a miña porta.

Ler máis

Cheiro perfumado

Ollando para ela dinme de conta de algo; non me asqueaba, incluso diría máis: resultáballe atractivo. As miña grandes orellas peludas, o meu lombo rizoso, a miña mirada inexpresiva de labrador atraian a súa atención. Caiame a baba por una lateral da boca, pero, dixenme “Que carallo! A por ela!”. Empecei a camiñar de vagar cara ela, non a quería asustar. Era tan fermosa. A metade do camiño, cando xa a tiña tiro, cheirei algo, era algo superior as miñas forzas. Nun caldeiro de lixo había unha marca olorosa inconfundible. Non me puiden resistir, estaba na miña natureza. Levantei a pata e tirei un mexo forte e perfumado. Agora o balde lixo era meu.

Ler máis

O vingador

Quén ía pensar que estaba vivo? Tres meses de torturas, mutilacións e vexacións, pero seguía vivo. Un corpo sanguinolento inspirando tal vez a última bocana de aire antes de morrer. Movido pola ira, pola forza da vinganza, aproveitando un descoido dos seus raptores que o tiñan por vexetal, levantouse berrando, partíndolle o colo a un deles e cravando un lapis na gorxa do outro. Matounos no acto. A felicidade embargouno, a misión para que fora adestrado durante anos e que pensara que nunca podería cumprir cando fora capturado, por fin estaba rematada. O seu corpo espido, cuberto de sangue, sen unha man amputada durante as torturas, responderalle coma nunca antes, nin sequera de neno, executou as ordes da súa mente cunha precisión absoluta. Viu os...

Ler máis

O xato cabezón

- Mira que xatiño! Pobre! Hai que mátalo! - Mátalo, … por qué? – dixen - Non ves? Ten a cabeza deforme. - Deforme? Tena moi grande. Probablemente sexa máis listo ca nós o cabrón. – aleguei En realidade o bicho era unha cabeza con pernas. Bastante feo e coa mala sorte de nacer nunha granxa gobernada polo porco de Bush, e non me refiro a Bush senón ao seu porco. Bueno, ou un parente. Seguro. - Cago en diós! Dámoslle unha marrada na cabeza e vai po carallo nun segundo. – replicou o animal. Non, o xato non, o outro. - Non serás capaz? – berrei. O certo é que son parvo do carallo. Só a min se me ocorre dicirlle a un fulano que parte as noces a cabezadas “Non serás capaz?”. Aínda teño o sangue pegado no pantalón. En realidade pola miña...

Ler máis

A casa, o especuador e o concello

- Así que vas a facer unha casa? - Si. Xa temos o terreo. Só nos falta a licenza para empezar a obrar. - Logo cha darán. E despois a por ladrillos! - Non te creas. Xa fai moito tempo que a solicitamos pero está todo paralizado … - E logo? - Nah, parece que algún peixe gordo está preparando un pelotazo urbanístico-especulativo e os do concello estanlle a preparar o terreo. Xa sabes, un pon o carallo e outros poñen a vaselina. - Que cabróns! - Isto estache montado así. Mellor calar e mirar para outro lado, que o que se move non sae na foto. - Non o entendo. Especular neste concello de merda que somos catro gatos? Non vexo eu moito negocio. - Desengánate que aquí, o máis parvo fai reloxos. - Merda de país! - Supoño que entendes agora porque...

Ler máis

Ilusión

De neno pensaba que todo era ilusión. Estaba case convencido que todo pasaba para que eu o vira ou reaccionara. Pensaba que a xente era unha especie de monicreques que só se limitaban a facer que “alguén” lles mandaba para que eu os observara. Cría que eu era o centro dunha especie de experimento no que era avaliado por un científico tolo que analizaba a miña forma de interactuar e reaccionar respecto a estímulos predeseñados por una “mente” caprichosa, malvada e macabra. Cheguei a pensar que tal vez era permanentemente observado (coma no “Show de Truman”) por algo, alguén, mortos, … Pensaba que tal vez o resto da xente sabía todo o que eu pensaba. Cheguei a estar aterrorizado en ocasións e o mesmo tempo cunha grande curiosidade por...

Ler máis