Gruml, lector de rss que sincroniza con Google Reader
Gruml é unha aplicación que permite manexar os rss aos que estamos suscritos no google reader dende o escritorio do noso mac. O seu uso e configuración é bastante simple. Con só meter os datos da nosa conta de google reader nos descarga a estructura de carpetas que teñamos montada e os corresponentes rss almacenados en cada unha. A sincronización é perfecta polo que evitamos molestia de ter que ler dúas veces o mesmo artigo según accedamos dunha ou doutra maneira. Polo de agora é gratuito pero non sei que me da que cando deixe de ser beta tal mude esta...
Ler máisSteve Wozniak e como IE cambiou o destino de Apple
Un dos libros que ando a ler cando teño algún minuto libre é a biografía de Steve Wozniak «Iwoz». Realmente divertida e amena. No último capítulo do libro, «Rules to live By», a parte de dar uns consellos en plan autoaxuda moi interesantes hai unha historia que por ser descoñecida para min me resultou extraordinariamente cautivadora. Supoño que os maqueiros de vello a coñecerán. A historia é de como o navegador IExplorer cambiou para sempre o destino de Apple e non precisamente polas súas boas prestacións. Calquer usuario de Windows que usara como navegador este enxendro sabe que non é precisamente unha goleta ou un bergantín surcando a rede, máis ben aseméllase a unha chalupa a deriva. Non fai falta lembar os vellos tempos dos dialers e...
Ler máisO ícono que se perdeu xogando ao escondite
Unha cousa ben rara, ou non tanto despois de fozar un pouco pola rede… Dun día para outro o ícono do disco duro que aparece no escritorio vai a tomar por saco amén de desaparecer tamén no apartado de dispositivos do finder. Escrutando a rede na língua de Cervantes non hai solucións, ou ben, están demasiado agochadas para o tito Google ou para a miña pericia co devandito buscador. Tentando a sorte no idioma universal, despois de unhas cantas pesquisas máis ou menos infructuosas, un par de mecachis, dous case,… por fin un bingo! sudo chflags nohidden / Unha vez que se atopa que fácil parece, pero antes… O artigo completo coa explicación para que apareza de novo o ícono do disco duro no escritorio do noso mac en...
Ler máisDecepción Leopard
Non será porque non mo avisaron, pero, a verdade é que pasar de Tiger a Leopard foi un erro. Con Tiger en case un ano de uso 0 cuelgues, salvo algunha vez que se quedou pillado o firefox. Con Leopard cuelgues cuasi diarios de varias aplicacións, ventiladores tolos cada vez que conecto un pendrive ou un disco duro externo e apagues a machete de cando en cando porque se queda parvo o sistema operativo. Máis ca leopardo; minino.
Ler máisAlternativas a Textmate en Windows
Cando un, por diversos motivos ten que usar un sistema operativo que fai tempo que non usa atopa o problema de atopar equivalentes para os programas que usa no seu sistema operativo habitual. Isto pasame especialmente con dúas ferramentas: Textmate e CSSEDit. Despois de buscar din atopado un par de editores que poder ser equivalentes (máis ou menos) de Textmate. E-textEditor é un clon practicamente idéntico a Textmate pero para plataformas Windows. É tan facil de usar como Texmate e ten as mesmas funcionalidades. Costa 35 $ Intype é outra ferramenta moi parecida a Textmate que se pode descargar de forma gratuita anque polo de agora está en estado Alfa, pero é plenamente funcional. Polo de agora gratis. De CSSEdit sigo...
Ler máisPrimeiras imaxes de Ecto3
Unha pena que polo de agora non teñamos beta que levarnos a boca. Nova orixinal Technorati Tags: Ecto3
Ler máis







