Concerto tributo a Lois Pereiro en Bretoña

Concerto tributo a Lois Pereiro en Bretoña

Co gallo da celebración das letras galegas adicadas este ano a Lois Pereiro celebrarase o día 13 de maio dende as 10 da noite no Teleclube de Bretoña un concerto homenaxe a Lois onde estarán presentes: Antón Losada. Xermán dos Escornabois. Xurxo Souto. Xabier Cordal. Richi dos Rastreros. García MC. Ondas Martenot. Antón dos Papaqueixos. Fran Amíl dos Tres trebóns. Cristina de Sonoro Maxim. Leo i Arremecaghona. … Ao longo do acto de carácter lúdico festivo faranse distintas actividades co ánimo de recordar a aportación de Lois a cultura galega. Por suposto haberá música pero tamén recitario de poemas de Lois, discusións sobre a súa...

Ler máis

Cartel da XIV Festa Celta do Lugnasad

Cartel da XIV Festa Celta do Lugnasad

Ben, este é o cartel deste ano da festa celta de Bretoña. Temos que dar as gracias de corazón a David de Gráficas Ribadeo por facérnolo e a Suso da Serigrafía Eo por encargarse de todo, aguantarme e darnos as máximas facilidades. Agardo que vos guste e que veñades a posiblemente derradeira edición da Festa Celta de Bretoña.

Ler máis

Bluegravity

Curiosas as voltas que da a vida, este blog aloxase dende fai un par de días no meu primeiro hosting de pago que tiven a finais de 1999: Bluegravity. Son caros, estrictos, non se pode facer nada no panel de control (non hai Cpanel, Ensim, ni nada similar), teño que pedir as bases de datos ou engadir dominios vía email pero son a mellor empresa de hosting que coñecín. Technorati Tags: bluegravity, hosting

Ler máis

Crónica do Lugansad 2007

Crónica do Lugansad 2007

Un ano máis a Festa Celta de Bretoña quedou xa atrás e é tan só un recordo: un bo recordo. Era difícil facer cábalas antes da festa sobre cal sería o resultado; se gustaría, se habería xente, e moitos outros ses que non serían desvelados ata o día do festival. Tras un parón como o acontecido nos anos anteriores a incertidume era, se cabe, moito maior… malia todo, a ilusión e as ganas non faltaron e con esa ilusión foronse suplindo os atrancos que puideron xurdir en momentos determinados. Foi curioso e agradable comprobar a boa resposta e acollida que tivo a Festa Celta de Bretoña este ano. Tamén comprobamos como, ano tras ano, xente en maior ou en menor medida se segue sumando a este proxecto e aportando o seu gran de area que por...

Ler máis

Festa Celta do Lugnasad 2007 en Bretoña

Por fin están pechadas as actividades da Festa Celta para este ano. Destaca como novidade que teremos algo de teatro e un concerto de arpa céltiga pola tarde. O programa completo podese consultar aquí

Ler máis

A google non lle gusta AJAX

Estes días estiben a probar unha template (AjaxBerlee) para wordpress moi fermosa, moi moderna, moi AJAX pero moi pouco SEO. O resultado de usala foi caer en Google dende a primeira páxina no top 10 por moitas buscas a pasar a terceira ou cuarta páxina. Foi cambiar a plantilla e voltar ós primeiros postos anteriores. Technorati Tags: AJAX,...

Ler máis