Super rumor eleccións locais
Teño unha información bomba sobre a campaña para as eleccións locais aquí na miña terra. É tan incribel que polo de agora non vou dicir nada ata que o poida confirmar ou teña probas fotográficas. Só dicir que de confirmase fará as delicias dos fans dos Monty Python e dos amigos do humor máis surrealista. Permañezan atentos as súas pantallas que desta saimos na TV Actualización 25 de maio de 2007: O gran rumor que me neguei a crer xa é publico e motivo de comentarios por todo o país. Efectivamente tratase das famosas sudadeiras coa imaxe do Che Guevara que puxo en circulación o PP de A Pastoriza. De momento A VOZ e Chuza son os primeiros medios en facerse eco da...
Ler máisCursos de formación online no CEI
O CEI acaba de sacar unha serie de cursos de formación online, algúns deles bastante interesantes e nos que parece que non hai que cumprir nengun requisito en particular para apuntarse. Os interesados poden inscribirse no CEI – NODUS, na Avda. de A Coruña, 490, no teléfono 982 264 260 ou por mail a formación@cei.lugo.es
Ler máisXI Festa Celta do Lugnasad en Bretoña
Este domingo confirmouse que a festa celta do Lugnasad volverá a decorar o primeiro venres de agosto para desfrute de nativos e foráneos. Tras unha par de anos de pausa para retomar forzas a asociación Auruxeira voltará a facer a festa celta, se deus quere, cunha nova directiva que permitiu un cambio xeracional deixando o vello paso ó novo. Toca agora ponerse mans a obra, sacar os traxes do armario e o que máis importante: prepararse para currar coma cabróns nun coto da Auruxeira que leva abandonado case tres años. Technorati Tags: Auruxeira, Bretoña, Festa...
Ler máisFerreiros de Riotorto
O pasado domingo tiben a oportunidade de dar unha volta pola Feira de Artesanía do Ferro que se celebrou en Riotorto. Moita xente da redoada pasou por ali grazas ó atractivo da proposta e o soleado do día. A parte diso o compoñente musical a cargo de Susana Seivane e Milladoiro era do máis apetecibel congregando o mellor de cada casa. Tamén puidemos ver en primeira fila unha demostración práctica de como ferrar un cabalo. O mellor de todo, como non, poder ver o traballo dos ferreiros en vivo e en directo durante toda a tarde a parte de outros artesáns que estiberon presentes, por exemplo, un cesteiro moi «alegre» ou o xove zoqueiro Alberto Geada. Destacar que houbo teatro pola rúa e moita troula a...
Ler máisEntrega de diplomas no CEI
Hoxe pola mañán tiven a oportunidade de asistir o acto de entrega de diplomas do CEI para tódalas persoas que puidemos facer os cursos que ali se impartiron nos últimos meses. Da tropa que fixemos o curso de Linux asistimos o 50% a un acto que presidiu Xosé Clemente López Orozco. O acto é os correspondentes discursos foron breves (cousa que se agradece) e transcorreu toda a cerimonia nun ambiente relaxado. Eu, cando nacin, en vez de traer un pan debaixo do brazo vin cun libro chamado «As leis de Murphy«: hoxe puxen en pratica uns cantos capítulos; case caio ó ir a recoller o título, esquencinme de darlle a man tanto a Eva Real, coma a Orozco, o Delegado Provincial da Consellería de Traballo e o...
Ler máisVolve a festa celta do Lugnasad (Bretoña)
No momento que escribo isto non é máis ca un rumor pero parece que a xente nova de Bretoña, cando menos uns cantos, pretende voltar a darlle vida a Festa Celta do Lugnasad que no seu momento e despois de 10 anos deixouse de facer por esgotamento e falta de renovación xeracional entre outros factores. Non podo ocultar que esta nova aínda sen confirmar me produce unha gran alegría. Technorati Tags: Bretoña, Festa Celta,...
Ler máis







