Seve

Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan

Arquivo para os ‘Novas’ Category

Por qué todo arde?

Interesante artigo publicado na CNT galega

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas
  • Pornografía política

    Impresionante mostra de cínismo e sinvergoncería. Ó que chega un por uns miseros votos. Fantástico look casual de pijo neoliberal facendo o paripé.

    http://www.escolar.net/MT/archives/2006/08/vestido_para_la.html

    O título do post é inspiración de http://eldiariodeunparado.blogspot.com/

  • 1 Comentario
  • Arquivado en: Novas


  • Visto en http://blogs.20minutos.es/martinezsoler

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas, Vivenda
  • Os libertadores do pobo iraki

    Os americanos democratizando Irak

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas
  • SPACE RACE

    Esta semana na 2 de TVE emitiron despois do programa de Jordi Hurtado “Saber y Ganar” unha serie de documentais sobre a carreira espacial entre rusos e americanos dende o final da Segunda Guerra Mundial ata a chegada do home a lúa. Un documental no se entremezclavan actores interpretando os papeis dos principais protagonistas da carreira espacial con imaxes reais. Realmente moi ameno e didáctico.

    Mostrouse non solo a competencia entre o sistema capitalista e o comunista senón sobre todo a competencia entre dous homes Wernher von Braun e Serguéi Koroliov pola conquista espacial.

    Tamén é interesante ver como en grande parte ambas superpotencias beneficiáronse da tecnoloxía e sobre todo, dos cerebros alemáns. USA apropiouse como botín de guerra de máis de dous millóns de patentes xermanas que foron fundamentais no posterior desenrolo tecnolóxico dese pais. É curioso ver o gran parecido, por exemplo, entre os superbombardeiros B-2 e deseños alemáns de fai sesenta anos.

    É xusto recoñecer que durante a primeira metade do século XX Alemaña dispoñía dun un tesouro en forma de enxeñeiros, científicos, investigadores e que acumulaban grande parte dos premios Nobel destas ramas naqueles tempos. Todo iso era un prezado botín polo que pugnaron duramente soviéticos e americanos durante os últimos meses da guerra. Von Braun era un obxectivo primordial para ambos bandos, os soviéticos solo puideron quedar coas migallas (certo material e algúns científicos que traballaban con Von Braun en Peenemünde). O premio gordo levárono os americanos: Von Braun conseguiu poñer un americano na lúa.

    Todo escomenzará case trinta anos antes coas V-2 que destruían Londres e Amberes.

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas, Persoal
  • Posteando con Bloggar

    Este é o primeiro post posteado neste blog con Bloggar. Sempre me gustou usalo para postear nos meus blogs, por desgraza no textpattern era máis complicado. Se todo está correcto e funciona como deus manda voume esquecer pero rapidiño do panel de administración do blog.

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas, Persoal
  • Graf Zeppelin

    Graf ZeppelinO único portaavións alemán durante a Segunda Guerra Mundial reaparece nas augas do mar Báltico trala súa desaparición en 1947 a mans do exercito soviético.

    Esta nave que nunca entrou en combate nin sequera foi rematado dado a prioridade que os alemáns lle concederon a construcción de submarinos foi inutilizado e encallado no río Oder hasta que os soviéticos repararon o seu casco.

    O seu destino final era un misterio ata agora, a razón do seu afundimento no Báltico ségueo a ser.

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas
  • Un grupo de científicos y profesores universitarios, entre los que se encuentran Miguel Delibes de Castro, Fernando Hiraldo, Joaquín Tintoré, Manuel Toharia o Eduardo Costas, entre otras, denuncian en un manifiesto un sistema de “padrinazgo” y una “red de intercambio de favores entre catedráticos” en la selección de profesorado universitario.

    A nova completa en “El Mundo”:http://www.elmundo.es/elmundo/2006/07/27/espana/1154009823.html

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas
  • A través do blog de “Enrique Dans”:http://www.enriquedans.com leo que a “Junta” de Extremadura, pioneira en España no fomento, promoción e apoio ó software libre, implantará Linex e outras ferramentas libres en tódolos postos de traballo da administración autonómica no prazo máximo dun ano.

    Parece que en Extremadura teñen algo máis de sorte ca nos e os seus políticos tómanse o aforro de custes, a seguridade e a privacidade dos datos dos cidadáns con algo máis de seriedade. Aquí estamos como estamos…

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas
  • Que sorte teñen uns poucos!

    Co difícil que está atopar un traballo fixo e ben remunerado para a maioría dos mortais nunha empresa sen perigo de peche. Outros, nembargantes conségueno facilmente mediante un pouco de ximnasia tántrica a devolver en cómodos prazos e con intereses de demora.

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas
  • Foto de un servidorNacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.

    Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).

    Para falar conmigo usando GoogleTalk: O meu emilio

    Para atoparme no Skype: seve_britonia

    Botóns

    Directory of Regional Blogs blogalego - buscando nos blogs en galego! blogaliza