Seve

Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan

Arquivo para os ‘Novas’ Category

Wellcome to Marbella Nort

Galiza, a segunda comunidade que menos coida o litoral

 

"Después se situaría Galicia, que tiene aprobadas 300.000 nuevas viviendas, «que amenazan con desfigurar completamente su costa»"

600.000 novos pisos en Galiza ¿?¿?¿?¿?

 

"Denunciaron también la degradación del litoral mediterráneo,
que "es un ejemplo que se extiende a todo el Estado", por lo cual "las
costas se resienten, la edificabilidad de los 1.700 kilómetros de
franja marítima en Galicia aumentará un 75% con los nuevos planes
urbanísticos, que programan 600.000 pisos."

A normativa europea de depuración de augas residuais, que Galiza incumpre "até límites intolerábeis"

 "en Galiza as previsións de construción de 17 campos de golf, 24 portos
deportivos e 283 mil vivendas, cálculo que este último que outros
informes duplican e que na opinión dos ecoloxistas "ameaza con
redebuzar con ladrillos e cemento até 1.200 dos 1.720 km de costa
galega""

 

Está claro que alguén se está facendo de ouro a conta do que
é de todos. Para sermos coma Marbella so nos falta que un alcalde teña un tórrido
romance cunha folklorica.

Dentro de nada termos buses cheos de turistas alemáns
percorrendo as alcaldías e sedes das principais constructoras nesta nova variante
de turismo que tanta fama lle está a da a Marbella no estranxeiro: o turismo
corruptural
.

 

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas
  • Como dixen, vamos facer unha pequena crónica deste glorioso fin de semana que acabo de pasar.
    “Las oposiciones son como una caja de bombones, nunca sabes por donde te la van a clavar” – Forrest Gump Opositor

    O primeiro día

    Saída as 6:00 da casa. O final vou cuns amigos e líbrome de ter que ir no meu chatarra-SEAT. Saímos tan cedo porque, entre a distancia, a estrada chea de curvas e máis curvas, a néboa que nos acompañou durante case 100 km, a operación saída, o novo carné por puntos, … mais vale previr e tómalo con calma. Chegamos ao recinto feiral a iso das 8:15, xa hai algo de ambiente, pouco iso si. Como xa sabía porta que me ía tocar tiramos directamente para o bar no que estamos de contos. As colas para mexar son quilométricas sobre todo para as mozas. Os mozos temos o panorama urinario máis despexado. As 9:45 encamiñámonos a miña porta.

    10:00, hora H. Abren as portas e empezan a chamar, dígolles ós meu colegas que marchen. Ocorre o de sempre, estamos todos apelotonados como animais para o matadoiro, os nervos afloran, a tensión disparase. Dou entrado, un garda de seguridade pásame o pínganillo haber se levo armas de destrucción masiva ou móbiles ou algún artiluxio ultrasecreto para copiar. Non debe ser moi eficaz porque na anterior convocatoria non deron pillado a ningún dos da “Conexión Boqueixón”.

    Estou dentro, son as 10:30, unhas amables mozas dinme onde me teño que sentar. Canto tempo sen ver selas verdes de chiringuito! A xente pouco a pouco segue a entrar. Pasa o tempo. As selas son incomodas de carallo. A xente termina de entrar, pasmamos uns para os outros, segue a pasar o tempo. Unha voz de ultratumba di que se pechen as portas.

    Encomeza o parrafeo en galego-madrileño, bla,bla,bla, a folla cubrese asín, bla,bla,bla, olliño con copiar, bla,bla,bla, exame en galego pero en castelán tamén, bla,bla,bla, …

    Procedese ó sorteo do exame, sae o B. Os coidadores empezan a repartir o maná do futuro traballo na administración. En galego, en castelán, en galego, en castelán, en galego, en castelán, en castelán, en castelán, en castelán. Gaña o castelán.

    Empezamos o exame. Nese intre xa teño o traseiro como se viñera de facer o camiño de Santiago a cabalo. Empezo a contestar, puff, menudo exame, non é fácil precisamente, o tempo (90 minutos) chega de sobra. A xente empeza a desfilar bastante antes do que eu pensaba. Paso de repasar o exame, a estas alturas teño a cabeza como se tivera dentro ós Mojinos Escocios dando tralla. Entrego o exame cando faltan 10 minutos. Fora estame a esperar os meus compañeiros que se deleitan con algunha beleza que pasa por alí. É a 1:30, tiramos para a casa, maña será outro día.

    O segundo día

    Saída as 6:00 da casa. Hoxe levo eu o meu chatarra-SEAT, teño que pasar a buscar a miña moza que tamén se meteu nesto da subalternía. Rezo para que o coche non se escaralle polo camiño, non o poido pasar endexamais de 2.400 revolucións porque senón salta a válvula N75 e o coche queda con menos potencia ca un triciclo.

    Outra vez néboa todo o camiño, vixiando o contarrevolucións. Chegamos sobre as 8:35, aparcamos en teoría onde no podemos aproveitando que o vixilante está despistado ou pasa de todo. Menudos carros teñen os coidadores!

    O primeiro que facemos e ver a porta onde lle toca a miña noiva, despois tiramos para a cafetería tomar unha bebida quente. Avisada co tema das colas urinarias aproveita un momento de baixa densidade para zanxar o tema.

    Das 9:00 en diante adicamonos a dar voltas o redor do recinto, saudar algún coñecido e falar. As 9:45 estamos na porta que lle toca a ela, cando a abren e empezar a chamar diríxome cara a miña. Na miña o batiburrillo de sempre, o chamador non é que berre moito e é difícil seguir o chamamento. Entro, o mesmo garda de seguridade do día anterior repite o mesmo procedemento. As mesmas amables coidadoras indícanme o meu asento. Unha delas deséxame sorte, supoño que me viu cara de non ter ningunha posibilidade ou se deu conta que estou máis nervoso ca Quique Sanfrancisco sen cervexa. Ai está outra vez ese instrumento de tortura para o traseiro, esa miserable cadeira verde de chiringo cutre de praia.

    Toca esperar, termina a xente de entrar, dáse a orde por megafonía de pechar as portas, comeza de novo unha letanía de instruccións. Este sabe falar galego. No sorteo sae outra ver o exame B. Existirá realmente o exame A? Isto é un caso para que o investigue Friker Jimenez.

    Os coidadores, coma no día anterior comezan a repartir o exame, ,en castelán, en galego, en castelán, en galego, en castelán, en castelán, en castelán, en castelán. Gaña de novo o castelán.

    Comeza o tempo, este exame é máis sinxelo ca o do día anterior. A nota de corte vai estar polas nubes; penso. De novo sobra o tempo, a xente empeza a marchar ós 25 minutos. Eu remato cando quedan uns 5 minutos. Fora xa me espera a miña moza. O baños ateigados de novo de xente, preferimos parar en Lalín a tomar algo e mexar sen presas. Paso de esperar deica as 3 da tarde para opter a folla de respostas. O conchaveo da Xunta co sector hostaleiro da zona non vai comigo, xa me foderon dabondo cando paguei as taxas.

    P.D: Se aprobo algúns dos exames contarei como son as probas de informática e/ou os psicotécnicos.

  • 1 Comentario
  • Arquivado en: Novas, Persoal
  • Un 15,98% de media en 6 meses. Case nada!

    Si que son eficaces as medidas do goberno para baixar os prezos!
    Probablemente non haberá ningún mafioso, traficante de armas ou drogas, político, sicario, ladrón que non teña invertido parte do seu diñeiro gañado “honradamente” en cemento e ladrillo.

    Por menos, armouse unha revolución na Rusia zarista. Aquí, como o que o que nos preocupa é o próximo partido da selección ou quen é o noivo de Rita a cantaora: todo tranquilo.

    Maña, 30.000 parvos en Colón vendo como uns millonarios corren en calzóns. Na próxima sentada por unha vivenda digna, catro rapaces e correndo a toda hostia diante dos azules que andarán repartindo a saco [coma nos bos tempos do tío Paco], esmerándose no seu labor represivo. Eso si, cando teñen diante a unha banda de kosovares; cagan polos pantalóns.

    Eu fai tempo que teño claro que non penso pagar máis de 1.000 euros/m2, se non pode ser aquí, será en Francia ou Alemaña. Non son o único, moita xente empeza a considerar a idea de marchar a algún país serio onde se poida mercar unha vivenda sen ter que venderlle a alma ó diaño.

    En París, o prezo da vivenda subiu un 1% nos últimos 10 años*. Que envexa vivir nunha sociedade civilizada!

    En Alemaña, coñezo un caso dunha familia de emigrantes que vende o seu piso en Berlín por menos de 50.000€ e non dá atopado comprador. En Alemaña a maioría da xente vive de alugueiro. E o que ten vivir nun país que ofrece garantías e seriedade ós seus cidadáns. Os que vivimos Corruplandia témolo maís fodido.

    * Información non contrastada, pero, que quero crer.

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas, Vivenda
  • Máis sobre o tema da vivenda

    O que nos ocultan os medios e políticos nativos é “vox populi” unha vez atravesados os Perineos. Algún debería ir empezando a comprar vendas e mercromina porque o porrazo vai ser de campionato.

    Coma sempre os que pagaran os pratos rotos serán os proletarios e algún que outro despistado aprendiz de especulilla (que se foda). Os peixes gordos da especulación están levar ancoras camiño dos portos bursátiles e das economías emerxentes de alén dos mares. Os políticos seguiran a facer o seu agosto con chánchollos varios e os bancos sempre gañan, perda quen perda.

    Vivienda 1  Vivienda 2   Vivienda 3

    Visto em Meneame 

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas, Vivenda
  • Merda de país

    Se te pillan pirateando o Plus pode caerche a do pulpo sen embargo se matas a seis persoas co teu coche e te das a fuga farante fillo adoptivo dalgunha aldea amén de adicarche un par de rúas ou tal vez lle poñan o teu nome a novo modelo da SEAT.

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas
  • Arde Lucus 2006

    Pois haberase que dar unha volta pola “city” e pasmar co espectáculo. O malo é que certas tascas da rúa do viños cortan o suministro de tapas o haber tanto celta e tanto romano que atender. Por certo, o das vodas celtas non sei que me da que ten orixe britoniense.

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas
  • Scarlett Johanson

    Scarlett JohansonNon sei, tal viva noutro mundo, pero a verdade é que eu non tiña nin puta idea de quen era Scarlett Johanson hasta que fun ver “Macht Point” malia a ter unha filmografía moi abundante. Agora resulta que ninguén se lembra de “Macht Point” pero todo o mundo se acorda de Scarlett Johanson.

    O caso é que leo en 20minutos que Scarlett Johanson según unha revista ten a mellor dianteira, e creo que non se refiren a do seu coche. Non creo que a ensinara completa nunca (a dianteira quero dicir), ou o mellor si. En Hollywood non é coma no cine español onde non hai nungún problema en ensinar as tetas sexa ou non por esixencias do guión. En todo caso Scarlett Johanson é elixida máis pola imaxinación quente e pervertida do xénero masculino cá que polo feito de que todo mundo lle ollara os puntos en discusión.

    Unha vez más demostrase que o poder da imaxinación é superior a calquera outro. Temos un estudio de cine completo dentro das nosas cabezas. A usalo!

  • 4 Comentarios
  • Arquivado en: Novas
  • Nada que non saiba calquera persoa de a pé dende fai un década:

    ??La corrupción urbanística empieza a manchar la imagen de España. Transparencia Internacional, la organización no gubernamental pionera y más importante en la lucha contra la corrupción en el mundo, sitúa la acción de los ayuntamientos como el principal problema de España desde el punto de vista de la corrupción.??

    ??En España hay una enorme cantidad de dinero negro que se refugia naturalmente en la construcción. Normalmente, un tercio del precio de la vivienda se paga con dinero opaco, con lo que las pérdidas para Hacienda son muy cuantiosas.??

    ??Se ha extendido la creación, por parte de constructores, de partidos ficticios que se presentan a elecciones locales para conseguir la concejalía de urbanismo y desde ella tomar decisiones que les favorezcan; en otras ocasiones se infiltran en los partidos tradicionales para conseguir esos mismos objetivos.??

    Texto completo en “El Confidencial”:http://www.elconfidencial.com/noticias/noticia.asp?id=13847&edicion=25/05/2006&pass

    Confirmando isto, en Lugo parece ser común a venta de vivendas de Protección Autonómica en negro. Para mostra este exemplo real da picaresca made in Lugo, onde se piden 10 millóns de pesetas en negro:
    !http://static.flickr.com/24/153147673_4907e903b5.jpg?v=0!

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas
  • Non sen tempo, anque máis vale tarde que nunca e despois xa de moitas causas anteriores parece que se está a escribir o epitafio da Deputación Lugo. Ese, que para moitos, foi o maior niño de corrupción e caciquismo que esmagou durante décadas a miles para engrandecer a ducias.

    Lugo e a súa Deputación son hoxe noticia de primeira plana en tódolos medios españois, non ó estilo marbellí, ben é certo, aquí en todo caso sería un estilo “brústico”, pedestre, gris, decimonónico, caduco e rancio.

    Virán algunhas mentres “preclaras” a dicir que todo é froito dunha persecución e que don Francisco é un santo (¿?¿!), dirán que o fiscal os persegue porque lles quere mal, lles ten envexa…

    Eu, agardo, ansío, que Xesús Izarrigue non se deteña e chegue ao fondo porque moitos cidadáns estamos xa fartos de que certos porcos coman o millo dos outros e encima digan que é seu.

    O certo é que hoxe Ali Babá debe de ter unha certa acidez de estomacal pensando a que se lle ven encima; pero isto vai para largo, que inda falta moito para o San Martiño.

    O que está claro é que cando estes se marchen, outros virán e tamén roubarán.

    P.D: Outro día contarei como me chulearon nunha ocasión estes da Diputación de Lugo.

  • 1 Comentario
  • Arquivado en: Novas
  • Día de Internet (en precario)

    Está claro que hoxe vai de celebracións. Tamén celebramos o día da Internet que basicamente é usado polas compañías que nos dan acceso a rede a prezos de escándalo (polo caro) para realizar actividades onanísticas para maior honor e gloria dalgún director ou presidente que ten os seus aforros nas Illas Caimán. Na Galiza deberiamos celebrar o “Día do Precario Internet”, gracias a deixadez das compañías outrora públicas e a inoperancia e pasotismo das administracións. Despois algúns pretenderan que sexamos unha potencia cibernética. Manda carallo!!

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas
  • Foto de un servidorNacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.

    Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegarcia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).

    Para falar conmigo usando GoogleTalk: O meu emilio

    Para atoparme no Skype: seve_britonia

    PhotoStream

      Taramundi Taramundi Taramundi Taramundi Taramundi Taramundi Taramundi Taramundi

    Botóns

    Directory of Regional Blogs blogalego - buscando nos blogs en galego! blogaliza