Archive for the 'Oposicións' Category

Técnico Auxiliar de Informática Xunta (Mundo Xuntuno)

geekherocomic.png

Acaba de sair a convocatoria para o proceso selectivo de técnico auxiliar de informática. Sobre este tema xa se falou en profundidade en moitas ocasións. Sobre como se convertiu unha convocatoria orixinalmente libre nunha convocatoria Mundo Xuntuno. Unha pena para a xente que pagou durante anos academias pensando que era unha oposición libre sen concursiños nin gaitas.

Lendo as bases parece claro que foron redactadas por alguén da productora de Santiago Segura.

Ao respecto de como está o tema informático na Xunta é interesante votar unha ollada a este artigo da CNT que xa enlacei noutra ocasión:

http://www.cntgaliza.org/?q=node/682

Cousas interesantes que se extraen:

  • Os servizos informáticos de Mundo Xuntuno están en mans de empresas privadas.
  • Existe un grande déficit de persoal.
  • En torno o 90% das persoas nas listas de contratación temporal teñen 0 puntos.
  • Nesa lista só puntua o exame do 2002 e o tempo traballado na Xuntuna.
  • Para traballar na Xuntuna como interino hai que ter aprobado o exame do 2002 (non choveu nin nada).

A vista destes datos é complicado entender unha convocatoria deste estilo senón fora vox populi o que xa sabemos.

Crédito da imaxe: http://www.geekherocomic.com

Persoal informático da Xunta

No último artigo publicado na web da CNT Galiza faise unha interesante análise de como está o tema do persoal informático da Xunta. A vista dos datos é difícil entender que a próxima convocatoria sexa unha consolidación.

Ligazón ao artigo completo: Funcionarios informáticos

Xunta 2.0

Días atrás comentei de pasada unha das cagadas que había que sufrir se un tiña a mala sorte de querer apuntarse para os procesos selectivos da OEP máis grande da historia según a propaganda oficial e un dos enganos máis grandes da historia según outras fontes.

Independientemente da conveniencia ou non de usar como medio exclusivo internet para apuntarse internet. Onde eu vivo ainda, por desgraza, moita xente que ten case imposible acceder a internet por culpa dos famosos TRAC´s rurais que seguen operativos, por non esquecer o carisimo que é o acceso a internet de banda semilarga para a maioría dos galegos (40 euros/mes + liña). O caso é que se se fai deberíamos asegurarnos polo menos de que funciona e que é accesible para todos os internautas e non só para os que mercaron un determinado producto informatico, xa que un escomeza a pensar que a Xunta traballa de comercial para M$.

Durante os últimos anos tivemos que aturar que a administración galega nos vendera a moto do seu apoio ao software libre e outras milongas pero a hora da realidade nada de nada. Os exames nos que hai que usar ordenadores seguen a ser baixo a platforma windows rezando para que non se che colgue mentres estás facendo o exame e con suites ofimáticas da empresa do tío Steve Ballmer. Os ordenadores de todos e cada un dos traballadores da Xunta seguen a lucir o logo de windows cada vez que son iniciados. Iso é o que se chama predicar co exemplo. Por suposto o seu falso apoio servelles para ir de guais.

Volvendo ao tema. Quen pretende apuntarse aos procesos selectivos a través desa aplicación que existe na web da Xunta xa de primeiras atopase cunha advertencia en letras azules de que se usa Firefox ou Opera que consulte a documentación sobre problemas frecuentes que non aparece por ningún lado. Tal vez a axuda? Baixaste un pdf de 7 follas no que non se di absolutamente nada sobre navegadores. A primeira na fronte.

Tentei cubrir o formulario usando firefox. Unha vez rematado daslle a verificar e con desesperación comprobas que non fai nada de nada.

Repetín o mesmo proceso co Safari e gracias a virxe dos imposibles, o éxito foi case total :) .

Agora, cando pretendes pagar a taxas online é cando te chulean:

Pago telemático (só con Internet Explorer)

xunta-explorer

Para mexar e non votar gota!

Os que teñamos unha máquina correndo en Mac OS X, Linux, FreeBSD, Solaris, … que nos dean. Canto cobran de M$ por crear unha aplicación que só funcióna con Explorer? Unha aplicación que dito sea de paso permite a unha persoa ver os datos persoais (telf, dirección, email, …) doutras persoas apuntadas. A lei de protección de datos?

En fin, hoxe tentareino nun portátil con Windows Vista e Explorer 7 prestado para tan insigne traballo porque o máis cachondo e que nin tan sequera funciona correctamente usando Explorer 6 (vía Boot Camp). Vamos que é unha aplicación con compatibilidade total con todos os navegadores. :P

O fondo do asunto é que estamos ante un actuación claramente discriminatoria por parte dunha administración pública que se presupón que ten os recursos suficientes coma para crear algo que funcione mínimamente ben na maioría dos navegadores actuales ou polo menos nun navegador que sexa multiplataforma, gratuito e non ligado a un sistema operativo en concreto.

Qué será o próximo?

Pago telemático (só co carné do Racing Cantalapiedra)

Pago telemático (só ca partida bautismal)

Pago telemático (só para os que merquen productos M$) Upss, isto xa pasou :P

Pago telemático (só para brancos)

Actualización: Hoxe, día 23, aparece por fin ese manual de problemas frecuentes. Que celeridade!

Actualización 7/10/2008: Nova do diario adn sobre as chapuzas tecnolóxicas da Xunta portada de Meneame

As oposicións cada vez máis difíciles

xunta

Agora xa nin che deixan apuntarte. :P

A oferta de emprego público para o 2008

En fin, pouco se pode comentar de esta oferta de emprego público histórica ou “hijjjjjtórica” que diría o presidente do Congreso dos Deputados.

Mellor votar un ollo a valoración que fai a CGT sobre a oferta de emprego público.

“Mexan por nós e temos que dicir que chove”- Refraneiro galego.

A Xunta por enriba do ben e do mal

Moisés baixou do monte Sinaí coas táboas da Lei escritas en pedra. Hoxe as leis escribense en papel ou formatos dixitais, a pedra quedou relegada para a “jeta” dos que redactan as leis.Xunta de Galicia

A Xunta foi sempre un exemplo de como se poden incumplir as leis sen que pase nada. A última é o incumplimento da obriga de publicar a oferta de emprego público para o ano en curso dentro do trimestre seguinte ao da aprobación dos orzamentos.

En fin, estarán moi liados co proceso de consolidación para meter todas esas plazas ocultas ocupadas dende fai lustros por persoal non funcionario que ningún novo funcionario podía escoller porque non saían nas relacións.