Virguerías nunha bici
Incríbel vídeo da cara máis divertida das bicicletas. Adicado a unha persoiña que chegou hoxe. Visto aquí P.D: Offtopic. Se o atraco arbitral non o impide o Barça vai gañar aos Lakers.
Ler máisPosteando en WordPress con vim
Chega un momento en todo friki que ten a necesidade de usar Vim para todo. Entre ese todo está escribir nun blog como unha parte primordial. E aquí estamos, poñendo unhas liñas no blog usando esa maravilla de editor que tanto queren uns e tanto detestan outros. Para poder usar vim como editor de blogs podemos descargarnos un plugin chamado vimblog ou un fork do anterior. A diferenza entre ámbolos estriba en que o fork permite engadir etiquetas. A instalación e configuración é moi simple e está ben detallada. O uso, máis simple aínda: Para recibir os últimos 10 post do noso blog: :Blog rp Para crear un novo post: :Blog np Para publicar o novo post: :Blog publish Para gardar o texto como un bosquexo: :Blog draft Para que nos mostre unha listaxe...
Ler máisMicroclima, autovías e bicicletas
Típico día en A Pastoriza: Neboa para parar un tren ou neste caso para facer parar unha bicicleta. Día fora do común en A Pastoriza: Vai ser verdade que tamén sae o sol por estas terras unha ou dúas veces ao ano. A miña cadela examinando os traballos: Ahí antes había un camiño caralludo para ir en bici ...
Ler máisHedo Turkoglu; o herdeiro de Toni Kukoc
Dende fai varias tempadas Turkoglu reclamou por dereito propio en Orlando o sitio que lle era negado en Sacramento como xogador titular dunha franquicia NBA. Pese a que nesta tempada non está a despregar o seu mellor xogo nin a facer uns números tan excelsos coma na campaña anterior, temos ao seu equipo liderado por Superman Howard dándolle a primeira na cara aos Cavaliers de Egoista James con 15 puntos e 14 asistencias de Hedo. Dende sempre o estilo de xogo de Turkoglu tivo unha gran similitude co despregado polo xogador máis talentoso que deu o continente (Toni Kukoc). Ata a maneira de moverse pola cancha de xogo, de botar a pelota, de entrar a canastra lembra profundamente a Toni. Un home moi alto que manexa magnificamente o balón e capaz de xogar en...
Ler máis







