Happy Weekend con Angus Young
Un pouco de maxia e alegría para rematar unha semana que, coma nas anteriores, escasean as boas novas. Paz e Rock & Roll!
Ler máisAs despedidas
Sempre que chega o final de algo teño esa sensación de perda e de que non vou volver a ver a xente coa que compartín tempo e situacións máis ou menos divertidas. Antes do venres tal vez só votaría de menos a tres persoas que coñecín estos meses pero dende o venres vou votar de menos a moita máis xente: é o que teñen as ceas de despedida. De corazón agardo que a todos lles vaia ben na vida. Haber se con sorte volvemos facer outra cea para as clásicas batallitas.
Ler máisMenudo tapón te he puesto, nenaza
Comenzou un novo e interesante curso baloncestístico que promete dar emocións fortes e xogo de calidade. Na NBA parece que as cousas a groso modo seguén igual salvo polos Mavs que se confirman como unha franquicia en caída libre liderados por unha superestrela rodeado de xogadores en franca decadencia nuns casos e moi mediocres noutros. Tal vez sexa este o ano dos Lakers… Tamén está por ver o papel de xogadores como Rudy e sobre todo Calderón nun ano que tal vez pode ter papeletas para andar cerca do All Star se mantén o nivel que está a dar nestas primeiras xornadas. Como ven sendo habitual a diversión e os grandes equipos están na conferencia oeste. A ACB máis interesante dos últimos anos conta cun plantel de estrelas sobresaíndo entre todas...
Ler máisRescueTime
RescueTime é unha aplicación bastante popular dispoñible para MAC, GNU/Linux e Windows que nos permite levar un control do tempo que pasamos en fronte do ordenador e saber en que o malgastamos, utilizamos ou regalamos. Instalei por primeira vez este progama estando no @pl para xogar un pouco con el e ver os resultados: bastante nefastos. Despois esquencinme del ata fai unhas semanas que lle volvín a prestar atención e empecei a úsalo para monitorear as miñas actividades frente ao ordenador. Así vin con algo máis de claridade por onde malgastaba o tempo visitando webs ou que programas usaba máis tempo. O programa permite que dende o dashboard especifiquemos a productividade das nosas accións frente ao ordenador poñendo por exemplo un +2 ao tempo que...
Ler máis







