Vía verde A Pontenova – San Tirso de Abrés
Este domingo aproveitando que había un encontro de ferreiros en A Pontenova e o tempo era favorable collemos as bicis e tiramos para alá coa intención de facer a vía verde de vai dende A Pontenova ata a localidade asturiana de San Tirso de Abrés. As vías verdes son antigas liñas ferroviarias en desuso que son reconvertidas en rutas de sendeirismo ou cicloturistas. Tras chegar A Pontenova e despois de encargar uns bocatas XXL para o camiño iniciamos a ruta. Nun principio non é que estea moi ben sinalizada e tivemos que preguntar a xente do lugar. A ruta en si non ten ningunha dificultade, non hai costas e é fácilmente cicleable. Na parte galega pedromina o asfalto, o divertido está na parte asturiana da vía; pista de terra con alguns baches e zonas...
Ler máisÚltimos rumores sobre o ADSL en A Pastoriza
Chegoume o rumor, por incrible que pareza, de que Timofónica pretende cobrar unha couta de enganche de 80 euros a maiores dos 39 euros que xa estafa mensualmente nese timo que ten chamado ADSL rural. Lembremos que o ADSL rural está subvencionado pola Unión Europea e a súa implantación a Timofónica non lle costa un can. De momento déixoo como rumor, xa que o escoitei cando a cervexa xa empezaba a facer efecto. Technorati Tags: ADSL rural, Timofónica, estafa,...
Ler máisOs pensamentos da xente danme noxo
Achégate, teño algo que contarche…pero somentes a ti.Non quero que llo contes a naide, vale?Non me gusta o que pensa a xente, nadiña.Todos pensan no mesmo; envexa, diñeiro, medo,…ninguén parece feliz senón lle está pensando no mal dos demais.Unha puta merda, dígocho eu.Unha perda de tempo, non ten sentido.Por qué fan tal cousa?Por qué non agraceden o que teñenen vez de laiarse do que non teñen?Os pensamentos da xente danme noxo,..menos os meus claro…
Ler máisA escaleira
Baixala escaleira é un acto de honor,feito pola paixón da vontade,que busca a túa comprensiónmáis aló da simple vaidade do ego.Baixo a escaleira como un deber persoal,quero ver a ónde me leva,tanto dá que sexa fermoso ou feo, brilante ou escuro,quero escoitar os queixidos da madeira baixo os meus pésantes de atopala resposta a miña inquedanza.
Ler máisBendito alcohol
Bendito alcohol,que curas as miñas feridasdo corpo e da alma. Bendito alcohol,que volves irresistiblea Cuasimodo. Bendito alcohol,que me insensibilizasante a maldade do mundo. Bendito alcohol,que me das valorpara soportar a meu cuñado. Bendito alcohol,que me mostras as marabillas da vidaó sacarme do tedio. Querido alcohol,o meu único Deusno teu templo de vidro. Amado alcohol,ti que adoptas mil formas e sabores,ti que es o vals do meu fígado. Bendito alcohol,pacharán, viño eespirituoso maná. Santo alcohol,que tanta felicidade traesos corazóns atormentados. Precioso alcohol,ti que fas a fea fermosae a estreita libidinosa. Bendito alcohol,sublime invento da humanidade,elixir da liberdade,alzo a miña copa por...
Ler máisAsfixia
Polo escuro outeiro, pola mariña arrasada, polo río morto, pola terra estragada. O val das tebras estendese, máis aló do horizonte, devorando todo o que atopa, matando a todo opositor. Loitando sen mans, perdendo a vida sen aire, esvaecéronse as esperanzas. Xa non queda nada! A quietude da morte venceu, a vida deu paso a nada, xa é tempo de renacer e converterse en po.
Ler máis







