Sol

Esperando por ti vin o sol brilar como nunca antes Soterrado nas catacumbas da miña memoria atopei outras ocasións nas que o sol tamén me cegou Hoxe agardo por ti pero o sol chamoume quéreme xunto a el lonxano, extraterraqueo, fulminante e inmediato o seu poder é tal que só agardo a reunirme con el e esquecer o meu pasado A miña putrefacta humanidade é todo o que me retén impedíndome alcanzalo

Ler máis

O mar e a morte

Mirando cara o mar no vexo nada nin teño sensacións non escoito o batuxar das olas nin oio o chío das gaivotas todo o que quero do mar e que oculte o meu cadáver cando cumpra a miña misión para que todos crean que son unha pantasma e non un simple mortal

Ler máis

O destino

Raído, mellado, tirado, abandoado, esquecido, perdido, maltratado, limado, engraxado, desprezado, maldicido, arrebolado, violado. Triste destino o do parafuso.

Ler máis

Os catro xinetes

Sombríos nubarros móstranme o futuro; morte, guerra, envexa, relixión. Os catro xinetes cabalgando xuntos, polo hermo, mirando cara a cara os homes, antes de sometelos os seus designios. Antes de convertelos en escravos, sen saber que xa o eran, o son, e por sempre o serán.

Ler máis

O can

O can chora vendo a pega voar sobre o outeiro. Ela voa, el é o dono da cadea que o encadea. Quixera voar coma ela para ver a terra, pero ha de morrer sen o poder facer por ser can e non ser pega.

Ler máis

Deus

Negociei con Deus a miña vida pero pedinlle demasiado pouco confiando na súa xenerosidade e Deus so me deu a metade.

Ler máis