Lugnasad 2011
Foi ben. Mellor do que pensábamos. Unha gran festa celta a deste ano. Máis xente vestida de época que en moitas edicións anteriores salvo, claro está, os tempos nos que os amigos de Xunqueira de Ambía se facían notar. E de que maneira. Eran outros tempos. Xa son historia. O tempo non foi o mellor. Choveu! Daba igual. A xente coa que falei: moi contenta. Realmente parece que a cousa foi moi ben. Sorprendeume gratamente a implicación dos asistentes. Non por inesperada, senón por afectuosa. Sen problemas destacables salvo os provocados polo grupiño de sempre. Xa estamos afeitos. Non pasa nada. Tamén nos visitou Xena "A princesa guerreira". Creo que comera callos Coma sempre o punto álxido foi a celebración das vodas celtas a cargo do druída...
Ler máisCornadas ciclistas e carne pouco feita
council of doom – another 48 hours from wolfgang on Vimeo. Por se este deporte non tiña xa bastante merdiña encima: Dapena, Mosquera, Fullana e Contador todo na mesma semana. Semanis horribilis que diría “su excrecencia” a raiña de Albión. En fin, que tampouco son tan iluso como para pensar que algún sexa inocente ou que é un complot dos pérfidos gabachos envexosos dos grandes triunfos dos deportistas hispánicos. Gustaríame crer pero cando non pode ser, non pode ser e ademais e imposíbel. Como dixo Escartín nunha ocasión: “Os portos non se soben comendo só espaguetes”. Síntoo polo Xacobeo, triste fin para un interesante proxecto. Que fixo este marabilloso deporte chamado ciclismo para merecer isto? Supoño que nada salvo o de sempre;...
Ler máisXa sabemos como se fan as cousas aquí
Xa sabemos que hai que sair na TV denunciando casos tercemundistas para que unha consellería tome en consideración casos flagrantes: un rapaz que ten que andar 4 km para ir ao colexio. En palabras da presentadora do programa «Vivir aqui» a resposta da Consellería de Educación é que verían o programa para tomar en consideración o caso. É interesante saber que solicitudes, instancias e escritos varios presentados polos cauces normais non serven para nada e que hai que ir TV a queixarse para recibir o acuse de recibo.
Ler máisStop transxénicos
Nun país coma o noso podese agardar un calquera cousa, negativa xeralmente. O tema dos tranxénicos, creo que a estas alturas, hasta o menos documentado (eu, por exemplo) sabe que son un perigo para biodiversidade e moi probablemente para a saúde dos seres vivos. España e por ende Galiza son sitios peculiares que teñen como grandes éxitos, a parte dos deportivos, estar de forma omnipresente nos últimos postos en toda canta lista se elabore en canto a medicións de desenrolo, educación, progreso, calidade de conexións a internet, índices de lectura, salarios, … eso si, hai festas para aburrir. Pan e circo! Mira por onde, hai algunhas listas nas que si aparecemos nos primeiros postos; fracaso escolar, fabricación de minas antipersonas (si, vin o...
Ler máisLeis universais
«A merda do teu veciño sempre vai a caer na tu propiedade e nunca na del». Esta é unha lei tan exacta como a da gravidade.
Ler máis17 de maio
Día de internet; nada que celebrar no rural. Día das letras galegas; nada que celebrar nas cidades.
Ler máis







