Ollo con «Ediciones Rueda»
«O ser humano é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra.» Unha das cousas que máis detesto é o marketing telefónico sobre todo cando non saben aceptar un non por resposta e están veña que veña hasta que un perde a paciencia e lles termina mentando a algún familiar. Outra cousa que me produce arcadas son os comerciais porta a porta que veñen a vender dende seguros a baterías de cociña pasando por toda unha amplia variedade de cacharros de dúbidosa utilidade e calidade discutible. Centrándome en «Ediciones Rueda», da que buscando por Google se pode atopar unha ampla e variada colección de anécdotas, teño que dicir que eu piquei nunha ocasión e merqueilles unha enciclopedia, concretamente «Nuestro Patrimonio Cultural». Aconteceu...
Ler máisMáis Dostoyevski e menos empanada
Festa da empada mental. Festa do lisco cachondo. Festa da troita erótica. Festa do caldo caldoso. Festa do touciño marelo. Festa do berberecho deportista. Festa do percebe de rio. Festa do lacón de cuñado. Festa da filloa cadrada. Festa da tripa de sapo. Festa da polbo bailarín. Festa da…∞ Resultado: Galicia es, junto a Murcia y Canarias, la comunidad autónoma que registra más casos de obesidad [From Galicia, entre las regiones con más obesos - inicio . es] Galicia es la comunidad con más hombres obesos: [From Galicia es la comunidad con más hombres obesos: el 19% lo son - 20minutos.es] Festa do libro… do qué?Feira do libro… locualo?¿? digamelón?¿? Resultado: Galicia ocupa el penúltimo lugar en índice de lectura de las...
Ler máisEndogamia
Esta semana pasada tiven que escoitar como unha persoa me relataba algo que por repetitivo e esperado non deixa de enfurecerme. Esa persoa contoume o que lle aconteceu a un familiar seu (ao que coñezo). Un, cando se entrega ao estudo sacrificando horas de ocio, de sono, de vida social e o mesmo tempo brega día tras día cun traballo agarda que cando menos o seu esforzo sexa valorado ou tido en conta para algo. A persoa da que vou falar era por expediente a mellor en termos obxetivos, así o dictaban as súas cualificacións. Cando a institución académica na que cursaba os seus estudos ofertou un posto de traballo na que o único criterio de selección era o expediente académic, ela era a primeira na lista. Ese posto tiña que ser para ela....
Ler máisO espiritu do Nadal
Un ano máis chega o Nadal. É como a declaración da renda, o Gran Irmán ou a gripe: periodicidade anual. Millóns de persoas votanse a rúa cheos de espiritu navideño dispostos a queimar a súa VISA en compras ridículas que rematan nos faiados das casas pasados uns días. Un «El Dorado» anual para tendas e centros comerciais. Mentres, noutras partes do mundo, millóns de persoas morren de fame ou malviven con menos dun euro ao día. Ese bonito balón de fútbol polo que pagamos 50 euros foi feito por un meniño paquistaní de 9 anos que cobra 50 euros ao mes traballando en xornadas de 15 horas diarias para a multinacional americana. Esa mesma que lle paga varias dúcias de millóns de dólares anuais a un fulano por darlle patadas a un balón feito por ese...
Ler máisCaza de Bruxas en Polonia
O que está a pasar en Polonia é moi grave. Parece incrible que un país coma Polonia estea a dar os mesmos pasos que réximes non democráticos deron en tempos pasados: Os xemelgos contra Goethe Vai par de xemelgos Purificación en Polonia A homofobia chega do este Censura en Polonia Polonia e os perigosos Teletubbies Polonia inicia unha caza de bruxas comunistas Polonia paranoica Technorati Tags:...
Ler máisA Pastoriza e o Plan FIP
Preguntome por que o concello de A Pastoriza é un dos poucos da provincia que non ten un só curso do Plan FIP 2007,… e mira que temos cursos a porrón. A pregunta, por suposto, é retórica. Plan FIP 2007 Technorati Tags: Plan FIP
Ler máis







