O cambio climático e a resisténcia ó cambio
Todo se xunta: «Unha verdade incomoda», o informe da ONU que indica claramente que o planeta se vai a merda (tendo en conta que a ONU tende a minimizar estas cousas o tema debe ser en realidade de órdago), a desertización avanzando a pasos axigantados na maior parte do planeta, España incumprindo o protocolo de Kioto, … O de «Spain is diferent» pasa de cómico a estrambótico no tema agrícola onde seguen as plantacións masivas produtos de regadio en zonas de secano e viceversa. Aquí seguimos invocando ó espirito santo (Santa Bruxelas) para que nos solucionen as cousas e mentres seguese a construir en praias que en 30 ou 40 años non existirán, facemos campos de golf en rexións onde dentro de ...
Ler máisSer autónomo é unha merda
Cando estiben no CEI facendo un curso, unha das semanas adicouse a que un paisano nos dera unhas charlas sobre creación de empresas e tal e tal. Non podo negar que o tipo lle puxo interés e nos mostrou tódalas bondades do autoemprego. Eu con varios anos nese pozo sen fondo que é ser autónomo non compartía o seu optimismo. Primeiro de nada gustariame mostrar a diferenza entre un autónomo e un empresario: Un empresario traballa pouco e gaña moito; un autónomo traballa moito e gaña pouco ou moito según a taboa de medir que utilice cada un. O autónomo fai o traballo por el mesmo, as veces axudado por empregados; o empresario contrata a xente máis intelixente e mellor preparada ca el para que fagan o...
Ler máisOs cidadáns facendo o traballo da Administración
Estos días revolveronsenos os estomagos a todos os que temos corazón no peito coas escandalosas imaxes do trato dado ós animais en certos matadoiros galegos. ¡Nada novo baixo o sol! Por suposto, e como non podía ser de outra forma tiberon que ser os cidadáns os que sacaran a luz este escándalo vergonzante. Nesta ocasión foi máis gorda porque veu xente dende Alemaña a sacar a palestra con luz e taquigrafos as torturas as que son sometidas os animais antes de ser sacrificados. Parece ser que a principal preocupación dos poderes públicos galegos ante esta situación é que a difusión de estas imaxes prexudique a indústria cárnica do país e non e feito en si do atentado contra a dignidade dun ser vivo: A pela é a pela e bichos hai de...
Ler máisRumores de concurso-oposición na Xuntanza
Empezan a sair rumores de que senón esta, as seguintes convocatorias da Xunta van ser baixo a fórmula de concurso-oposición. Xa veremos en que termina a cousa, pero xa se sabe. Cando o río soa… Aquí podemos ver como actúa, por exemplo, a Consellería de Medio Rural.
Ler máisNBA; MVP non Estadounidense (outra vez) :P
Como dixo alguén «Xogar o baloncesto é unha pasada; gañar xa debe de ser a ostia». De verdade que un desfruta como un neno vendo ós dous grandes favoritos para converterse no MVP desta temporada na NBA; o alemán Dirk Nowitzki e o canadiano Steve Nash. Dous xogadores que xa non se estilan no baloncesto actual onde priman os chupóns estilo «quero ser Michael Jordan» LeBron James ou «me lo tiro todo, todo, todo y todo» Kobe Bryant. ¿Cántos aneis gañou Kobe dende que marchou Shaq? O partido que enfrontou a Dallas contra Phoenix de fai uns días foi probablemente o mellor partido de baloncesto dos últimos catro ou cinco anos na NBA. Un non se pode explicar o que lle pasou a Mark Cuban pola cabeza cando deixou marchar a Steve Nash, o mellor base da liga,...
Ler máis¿Quén lle chama filla de puta a vice presidenta do governo?
Que a política é unha merenda de negros xa o sabemos todos. Que para ser político non fan falta nin modais nin educación: tamén. Pero, como dixera unha vez Camilo Xosé Cela «Non é o mesmo estar fodido que estar fodendo» Resulta que tanto os presidentes do Congreso coma do Senado tiveron que baixar o son dos micros das súas señorías para que (supoño) na tele non se escoiten os insultos que se lanzan uns os outros. O que me produciu bastante noxo foi saber que a vice presidenta do governo María Teresa Fernández de la Vega dende un sítio que supostamente é o valuarte da democracia e por persoas que representan a moita xente é insultada con frases como «anoréxica» ou, ollo o dato, «filla de puta». Ser filla de puta no sentido literal da...
Ler máis







