O crime de Santa Cruz do Valadouro

O crime de Santa Cruz do Valadouro

O libro «O crime de Santa Cruz do Valadouro» obra de Miguel Vila Pernas e publicado pola editorial Edicións do Castro narra os feitos acontecidos o día 22 de novembro de 1888 cando, co ánimo de roubar, seis veciños da parroquia de Bretoña asasinan ao cura Manuel Neira Murado e os seus criados -tamén oriúndos de Bretoña- afogándoos, meténdolles trapos na gorxa e usando uns fungueiros para golpealos para obter un botín de 970 pesetas ao non atopar o resto dos cartos que o cura gardaba na casa. O libro relata a fascinante historia do crime e o posterior xuízo e axustizamento de Manuel Luxilde. Tamén de da conta dos intentos de salvar a vida dos autores do crime de Santa Cruz que teñen éxito en tódolos casos salvo no referido anteriormente. O libro...

Ler máis

Lugnasad, unha noite máxica

Lugnasad, unha noite máxica

O domingo día 11 de decembro presentouse en sociedade no salón parroquial de Bretoña o documental «Lugnasad; unnha noite máxica» realizado por Miguel García Fernández durante a celebración da pasada edición da festa celta -a decimoquinta edición- do Lugnasad o 5 de agosto de 2011. A presentación asistimos varios membros da Asociación Cultural Auruxeira, algúns veciños e outras persoas do contorno. O evento -moi ameno- estivo marcado pola proxección por primeira vez ante o público do referido documental. A impresión; moi positiva. Un fiel reflexo do que a festa celta pretende transmitir e dos valores nos que se apoia. O documental intercala con acerto intervencións -entre elas a miña (modo autobombo on)- de varios membros presentes a pasados...

Ler máis

Experiencia como profesor

Estiben todo este vran como docente dun plan FIP denominado «Programador de aplicacións informáticas». Foron uns meses intensos e bastante estresantes xa que foi un xoves cando se me dixo que empezaba o luns. Sen temario, sen nada preparado, sen tempo, despois dun ano con moito estres,… Nun principio non podo negar que me pareceu unha putada gorda. Pero faise e punto. Non son unha persoa que desfrute diante dunha audiencia, por comprensiva que esta poida ser, como para desfrutar diante dunha audiencia que en moitos casos está obrigada a acudir a este tipo de cursos para non perder as prestacións. O bo de non ter nada preparado e ter que facelo dun día para outro baixo presión é que comprobas como estás de saúde. Mentres os colegas desfrutan do...

Ler máis

Paseo fluvial Coto da Auruxeira de Bretoña

Paseo fluvial Coto da Auruxeira de Bretoña

Neste tempo de frío inverno húmido e penetrante o rio Minotelo vai repleto de auga. O seu caudal lembra tempos pasados por uns dias durante os meses presididos pola cociña de leña e os bolos preñados que acompañan ao viño. Este pequeno rio discorre plácido polo barrio da Igrexa no seu desatino siseante por Bretoña. Ao seu carón xeracións de britonienses fixeron parte da súa vida cotiá. Pobra diso son os seus muíños. Estrelas da arquitectura popular e exemplo do uso de enerxías renovables dende séculos antes de existir o termo. O Miñotelo ao seu paso por Bretoña foi obxecto de profundos, necesarios e beneficiosos cambios grazas a iniciativa de colectivos como a «Asociación de Amigos da Feira de Bretoña» e a implicación do concello de A...

Ler máis

A historia de Wikileaks

«A democracia sen transparencia non é democracia» – Kristinn Hrafnsson «Non creas a ninguén. Estanche mentindo» – Julian Assange Un documental onde podemos ver como un grupo de xente boa se enfrenta a mentira e os crimes coa verdade. Vía:...

Ler máis

WikiLeaks Mirrors

# http://120310wl.frezeb.webfactional.com/ # http://195.214.241.98/ # http://213.251.145.96 # http://213.251.145.96/ # http://213.251.145.96.nyud.net/ # http://46.59.1.2 # http://46.59.1.2/ # http://46.59.1.2.nyud.net/ # http://79.159.1.172/wikileaks/ # http://85.88.21.139/

Ler máis