Quizlet

Quizlet

Dende fai case 10 anos son gran apaixonado das flashcards, sobre todo de Vtrain. Vtrain é un programa fácil de usar e ben documentado. Só ten un problema: funciona en Windows. Non lembro o tempo que fai que non teño un ordenador con windows na casa pero pode que ande preto dos cinco anos. Non ter windows ten unhas grandes vantaxes que non é necesario mencionar pero tamén ten certos inconvenientes. O primordial é que algunha aplicación pode non estar portada a Linux ou que o equivalente non nos agrade. Hoxe en día é raro que votemos en falta unha aplicación en Linux. A alternativa a estes problemas sobre todo neste tempo onde presuntamente o acceso a internet está -debería estar- dispoñible para un alto porcentaxe da poboación pode pasar por usar...

Ler máis

STOP: 0x0000007B

Tocoume mirar un ordenador portátil Toshiba Satellite con Ubuntu e Windows XP instalado. O caso é que cada vez que tentaba acceder ao Windows se me reiniciaba vendo durante unha fracción de segundo unha das vellas e afamadas pantallas azuis de Windows que, como é lóxico, non daba tempo a ler. Despois de arrincar o sistema cun cd de Windows XP comprobo tamén que durante o proceso de arranque salta a pantalla azul de marras pero neste caso podo ver con detalle a pantalla azul. O detalle importante aquí é a información técnica que nos ofrece: STOP: 0x0000007B .... O problema radica na ausencia de drivers SATA no disco de Windows. Vendo isto vamos a BIOS do equipo e en «Advanced» -> SATA Controller Mode cambiamos de AHCI a Compatibility. Gardamos os...

Ler máis

Anecdotario da festa celta 2010

Anecdotario da festa celta 2010

Co paso do tempo, case un mes, é momento de facer un pequeno balance do que foi a Festa Celta do Lugnasad 2010 no referente a anécdotas e actos pintorescos que pasan desapercibidos para moitos pero que lle dan a isto das celebracións espontáneas de natureza festivaleira o seu carácter e razón de ser. Por moito que se poida dicir sempre van a quedar as cousas máis hilarantes e divertidas no tinteiro por fala da memoria ou vergoña de contalas. Sexa este pequeno resumo: a punta do iceberg. 1.Camisetas e cartel – Por difícil de que sexa de crer tres semanas antes da festa celta nin tiñamos deseño para as camisetas nin para o cartel. Unha serie de imponderables propios dun filme de Mel Brooks facían que sacaramos o plan Z do baúl para solventar este...

Ler máis

Cartel da XIV Festa Celta do Lugnasad

Cartel da XIV Festa Celta do Lugnasad

Ben, este é o cartel deste ano da festa celta de Bretoña. Temos que dar as gracias de corazón a David de Gráficas Ribadeo por facérnolo e a Suso da Serigrafía Eo por encargarse de todo, aguantarme e darnos as máximas facilidades. Agardo que vos guste e que veñades a posiblemente derradeira edición da Festa Celta de Bretoña.

Ler máis

Festa celta do Lugnasad 2010 en Bretoña

Un ano máis por estas data estase a cociñar unha nova edición da Festa Celta do Lugnasad -e van catorce se a memoria no me falla-. Apurados coma sempre pero tirando para diante. A falta de innúmeros temas por pechar o que si xa se pode adiantar é o cartel musical deste ano que promete festa a esgalla e bo ritmo. Saltonocribo Os Cempés Pan de Capazo Cuchufellos A parte das actuacións musicais haberá coma tódolos anos as clásicas vodas celtas oficiadas por un misterioso druída e a medianoite quentaranse as gorxas de tódolos presentes con boa queimada da terra unha ver realizado o conxuro. A xente interesada en casar polo rito celta aínda pode pasar pola web da asociación cultural auruxeira a contactar para apuntarse....

Ler máis

Diferenza entre SATA esclavo e SATA maestro

Se nos damos unha volta por webs de material informático vemos na zona dos discos unha curiosa paradoxa: SATA esclavo vs SATA maestro. En realidade son os mesmos discos. Non existe ningunha diferencia de tipo técnico que faga necesario esa distinción. Entón, que carallo pasa para ese matíz esclavo maestro? Simple pero macabro. A única diferencia é o canon dixital -ese imposto revolucionario que está a facer ricos a algúns sen dar pao a auga-. Se nos fixamos, veremos que os discos etiquetados como escravos son máis caros. A razón deste sin sentido é que se gravan con máis canon os discos duros escravos ou de datos que os maestros ou de sistema. Unha parvada absoluta como outras miles que hai polo mundo adiante. Xa sabedes amiguiños, non merquedes...

Ler máis