Xerador de passwords automático para Linux

Xerador de passwords automático para Linux

Despois de ter un pequeno problemilla de seguridade decidín tomarme o tema un pouco en serio e cambiar tódolos meus contrasinais e usar passwords un pouco máis fortes. Deste xeito descubrín APG (Automated Password Generator). Un programa para xerar passwords de forma aleatoria moi fácil de instalar e usar para Linux. Instalamos APG en Arch Linux: sudo pacman -S apg En Debian e familia sería: sudo aptitude install apg O seu uso é moi simple. Escribimos nunha consola: apg Teremos unha lista de passwords para escoller. Eu uso AGP deste xeito: apg -a 1 -m 15 Con isto saco passwords de máis calidade. Con «-a 1″ usamos un algoritmo que xera caracteres de forma aleatoria (números, letras, símbolos). Con «-m 15″ indico que quero passwords...

Ler máis

Getting Things GNOME

Getting Things GNOME

Getting Things GNOME é unha ferramenta GTD para escritorios Gnome. Aínda que polo momento está bastante verde é plenamente funcional e usable. Permite engadir tarefas e subtarefas para crear proxectos. Podemos contextualizar as tarefas con etiquetas tipo @traballo, @casa, @ocio, … Tampouco é que teña moitas máis funcións, cousa que por un lado se agracede despois de probar aplicacións deste tipo sobrecargadas en exceso que fan que a súa curva de aprendizaxe sexa elevada e que perdan efectividade causando distracións innecesarias. Permite backups en Remember de milk! e Gnome Evolution. Ampliable mediante plugins. Portable. Sincronizable con teléfonos con Android. Para instalalo en Arch Linux: sudo yaourt -S...

Ler máis

Sony Reader PRS-600

Sony Reader PRS-600

Agora que están tan de moda os lectores de libros electrónicos é complicado tomar unha decisión entre as mútiples alternativas que existen no mercado. Decantarse por un lector de libros electrónicos pode ser un proceso complexo -eu din moitas voltas antes de decidirme- se non poñemos en claro as nosas necesidades. Optei polo Sony Reader PRS-600 por dous puntos importantes para min: 1.Prezo do lector de Sony con respecto ao resto das alternativas. 2.Posibilidade de tomar notas e resaltar texto. Un dispositivo para ler libros electrónicos entoxáseme bastante incompleto se non me permite marcar texto ou facer anotacións igual que nun libro de papel. Sobre todo pensando en úsalo para ler libros técnicos ou de estudo. Por outra banda, a maior...

Ler máis

III edición festa da bola de liscos e das freces

III edición festa da bola de liscos e das freces

O pasado 7 de marzo como xa é costume dende fai 3 anos celebrouse unha nova edición da “Festa de Bola de Liscos e das Freces” organizada pola asociación “Amigos da Feira de Bretoña”. Esta festa, cada ano, vaise consolidando e os seus organizadores incorporan pouco a pouco novidades para dar un toque innovador a cada edición. Este ano engadiron ao xa tradicional das anteriores edicións unha mostra de fotos antigas relacionadas coas xentes e a xeografía britoniense e complementouse a exposición de coches e motos antigas con tractores que nalgúns casos eran autenticas reliquias. O punto negativo desta edición foi provocado polas adversas condicións meteorolóxicas que tal vez que se retraera algo o número de visitantes. Parece que Maeloc xa...

Ler máis

Regalo dous cupóns promocionais de Google AdWords

Por valor de 75 leuros. Serán para os dous primeiros correos que me resposten unha pregunta moi sinxela de coñecementos sobre a segunda guerra mundial ou para ser máis exactos sobre un dos seus protagonistas: Hermann Göring. ¿Cómo se chamaba a residencia que se fixo construir Göring preto de Berlín e porque lle puxo ese nome? mail: sevegacia [arroba] gmail [punto] com UPDATE: Cupóns enviados

Ler máis

globalroot\systemroot\system32\H8SRTKKwdgduxjt.dll

globalroot\systemroot\system32\H8SRTKKwdgduxjt.dll

Onte tocoume votarlle unha ollada a un portátil que ao arrincar e executar calquer programa sacaba unhas fermosas ventás con unha bonita advertencia indicando que globalroot\systemroot\system32\H8SRTKKwdgduxjt.dll non era un arquivo válido de Windows. Unha jodienda fina! Afortunadamente hai una solución bastante sinxela para eliminar esta molestia que atopei despois de probar coas posibles solucións complicadas. Visitamos esta ligazón de kaspersky e descargamos TDSSKiller.zip. Unha vez descargado procedemos a extraer o exe e executalo. Teremos unha fermosa ventá de MS-DOS. Unha vez feito isto só nos queda reiniciar a maquina para completar o proceso. Unha vez reiniciada debemos comprobar os servizos porque no meu caso estaba deshabilitado o servizo...

Ler máis