globalroot\systemroot\system32\H8SRTKKwdgduxjt.dll
Onte tocoume votarlle unha ollada a un portátil que ao arrincar e executar calquer programa sacaba unhas fermosas ventás con unha bonita advertencia indicando que globalroot\systemroot\system32\H8SRTKKwdgduxjt.dll non era un arquivo válido de Windows. Unha jodienda fina! Afortunadamente hai una solución bastante sinxela para eliminar esta molestia que atopei despois de probar coas posibles solucións complicadas. Visitamos esta ligazón de kaspersky e descargamos TDSSKiller.zip. Unha vez descargado procedemos a extraer o exe e executalo. Teremos unha fermosa ventá de MS-DOS. Unha vez feito isto só nos queda reiniciar a maquina para completar o proceso. Unha vez reiniciada debemos comprobar os servizos porque no meu caso estaba deshabilitado o servizo...
Ler máisMeira nevada
Mentres agardo a poder sair para ir ao traballo saco unhas instantáneas da vila de Meira cuberta de neve. A igrexa de Meira e o seu concello cubertos dun manto branco. A praza maior con algún valente animándose a dar un paseo. Medo me da pensar como vou a facer para chegar a Francos (Bretoña) para sacar a pasear a miña cadela. UPDATE 20:00h «Operación Bretoña»: Unhas estampiñas britonienses, houbo que tirar de cadeas para chegar: Chegando a Francos. A cadela sacándome a pasear. Típica vista de Francos nun día...
Ler máisOpine sobre o seu rexedor
Unha iniciativa, aínda nos seus comenzos, interesante é a web http://www.arcardes.com/. Nela podemos opinar sobre os rexedores dos concellos de todo o territorio español. Que haxa unha imaxe do rexedor Joe Quimby, popular personaxe da serie de animación “The Simpsons”, parece unha elección máis que acertada visto o actual panorama político-económico-social. De momento non hai apenas nada sobre os rexidores galegos e mira que neste santo país temos material de primeira calidade que farían as delicias de Luís García Berlanga en tempos pretéritos ou de Santiago Segura na actualidade. Ale, a opinar!! VOTE POR QUIMBY!
Ler máisNanoStation
Fai xa uns meses tiven a oportunidade de probar un par de NanoStation 2.4Ghz. Tódalas probas e impresións foron satisfatorias e a día de hoxe cumpren a súa misión a perfección. Engadir que, se posteas no foro de Ubutiqui explicando un pouco o proxecto para o que empregas as NanoStation, recibes unha camiseta ben guapa gratis.
Ler máisA carta de Franco a Sir Samuel Hoare
Trala reunión de Casablanca en 1943 entre Roosevelt e Churchill na que se deixou claro que a única saída para Alemaña era unha capitulación sen condicións, en moitos sectores da sociedade alemá incluso nos manifestamente antinazis quedou bastante claro que os aliados non estaban a combater só contra o nazismo senón tamén para eliminar para sempre uns molestos e tenaces competidores económicos e sobre todo tecnolóxicos. Xa antes de rematada a guerra, o 14 de decembro de 1944, Churchill prometera aos polacos a Prusia Oriental salvo a fermosa Knönisberg -patria chica de Kant-, que sería para os rusos, e a liberdade de estenderse cara o oeste sobre as terras xermanas. Churchill declara publicamente: «Terá lugar a expulsión total dos alemáns das...
Ler máisCrónica do Lugnasad 2009 de Bretoña
Xa rematou o Lugnasad. Carballeira, ritos, vodas celtas, vento,… moito vento, frío,… moito frío e Maeloc. Volta a tranquilidade ao Coto da Auruxeira. Despois da festa, da xente, da música,… chega o silencio, a calma. As árbores fanse donas por outro ano máis do noso pequeno coto. As pallozas fican baldeiras. O estrés da preparación, o traballo duro dos días previos, a intensidade da noite celta, os bos momentos de compañeirismo, as expedicións a terras alleas despois das xornadas de traballo quedan atrás: rematou o Lugnasad. Onte (sabado todo estaba calmo, entre a choiva unhas figuras paseniñamente se afanaban en recoller dilixentemente os candís, os fachos, os estandartes e todo o que lle da ese carácter especial a festa celta...
Ler máis







