Cheiro perfumado

Ollando para ela dinme de conta de algo; non me asqueaba, incluso diría máis: resultáballe atractivo. As miña grandes orellas peludas, o meu lombo rizoso, a miña mirada inexpresiva de labrador atraian a súa atención.

Caiame a baba por una lateral da boca, pero, dixenme “Que carallo! A por ela!”. Empecei a camiñar de vagar cara ela, non a quería asustar. Era tan fermosa.

A metade do camiño, cando xa a tiña tiro, cheirei algo, era algo superior as miñas forzas. Nun caldeiro de lixo había unha marca olorosa inconfundible. Non me puiden resistir, estaba na miña natureza. Levantei a pata e tirei un mexo forte e perfumado.

Agora o balde lixo era meu.

Deixe un comentario