Cornadas ciclistas e carne pouco feita
c
Por se este deporte non tiña xa bastante merdiña encima: Dapena, Mosquera, Fullana e Contador todo na mesma semana. Semanis horribilis que diría “su excrecencia” a raiña de Albión.
En fin, que tampouco son tan iluso como para pensar que algún sexa inocente ou que é un complot dos pérfidos gabachos envexosos dos grandes triunfos dos deportistas hispánicos. Gustaríame crer pero cando non pode ser, non pode ser e ademais e imposíbel. Como dixo Escartín nunha ocasión: “Os portos non se soben comendo só espaguetes”. Síntoo polo Xacobeo, triste fin para un interesante proxecto.
Que fixo este marabilloso deporte chamado ciclismo para merecer isto? Supoño que nada salvo o de sempre; a necidade humana combinada coa avaricia-. A avaricia rompe o saco. O saco do ciclismo profesional está cheo de buratos. Afortunadamente tamén hai que recoñecer que, polo menos, aquí os tramposos caen -por moito que lle pese a UCI- non pasa coma noutros deportes nos que directamente se ocultan -ver a “Operación Puerto” e como se taparon os nomes de futbolistas e tenistas implicados-. Os ciclistas sempre cabezas de turco.
Despois, claro está, aparece o esperpento. O caso de Contador vai entrar nos anais da picaresca hispánica con letras de ouro por chapuceiro, cutre e casposo. Só falta que remate aparecendo en programas do corazón… outra vez. Que se o solombo xigante, que se unha volta na Noria, que se outro positivo o día anterior destapado polo New York Times… Só faltaba De la Morena en acción -ese gran periolisto español- e os produtores de carne loxicamente cabreados coas acusacións do amigo Alberto tamén coñecido como AC nos papeis da “Operación Puerto”. Vamos que a cousa está para guión de película de Pajares e Esteso.
A gran masa creadora de opinión en España dirá que no estranxeiro teñen manía aos deportistas españois polos seus triunfos e tal e tal. A “prensa deportiva” española -realmente existe?- é coma o rabo da miña cadela: retorcido. Son capaces de difamar a calquer deportista estranxeiro ata o indicible cando compite contra un español (Hamilton, Shumacher, Amstrong, Rossi,…) e quedarse tan panchos. Contador está entre os seus protexidos, non hai máis que ver o Tour do ano pasado xustificando a Contador cando atacaba aos seus propios compañeiros de equipo que estaban a loitar polo podio, alentar unha das accións máis vergoñentas do deporte producida no Tour de este año cando aproveitou a avaría de Schleck par a lanzar un ataque que a prostre foi definitivo para resolver o Tour ou jalear todas as brabuconadas que lanzou contra Amstrong. É claro que Amstrong sempre foi o inimigo número un de moitos medios dende que tivo a santa dignidade de pasar absolutamente dese galardón carente do máis mínimo prestixio internacional chamado Principe de Asturias creado co único propósito de facer autobombo da casa real e que sempre se aproveitou de galardoar a figuras relevantes para tentar de gañar algo de prestixio fora das nosas fronteiras.
É un deporte ben fermoso, o único que practico con certa asiduidade. É complexo de explicar a alguén que non o practica o pracer que se agocha detrás de buscar os nosos propios límites ascendendo unha montaña. Unha vez que te atrapa xa non te solta. Pode resultar masoca para o non practicante pero pedalear ata dalo todo e non ter un gramo de forza máis pero inda así seguir avanzando outro metro e outro e despois outro ata que a mente queda en branco é unha das sensación máis incribles que existen. Podes ver o vídeo para ver os auténticos ciclistas.








Awesome share! Thank you very much
Hey! Is it OK if I go a bit off topic? I’m trying to view your blog on my Blackberry but it doesn’t display properly, any suggestions? Cheers! Cammy
Really nice arcticle! A lot of truth in here
Sometimes it is very useful and interesting to add a video to post, that makes your imagination process much more clear.
Hey, this could really be something that people would like to see and read.
how can i make a blog like this? is it free or paid
Seeing that i have been looking on the internet to have a high-quality content articles involved with this particular area . Looking in Aol I lastly uncovered this blog post. Looking at this I’m lucky to enunciate that I have a positive uncanny feeling I discovered whatever I wanted. I most certainly will make certain to remember this blog and look constantly.
Hey I dont mean to spam, but have you ever thought about adding an exit splash to your website? Its really easy to do and you will instantly gain a lot more sales. You can learn some more at http://bit.ly/cYrxUL