Crónica do Lugansad 2007

Un ano máis a Festa Celta de Bretoña quedou xa atrás e é tan só un recordo: un bo recordo. Era difícil facer cábalas antes da festa sobre cal sería o resultado; se gustaría, se habería xente, e moitos outros ses que non serían desvelados ata o día do festival.

Tras un parón como o acontecido nos anos anteriores a incertidume era, se cabe, moito maior… malia todo, a ilusión e as ganas non faltaron e con esa ilusión foronse suplindo os atrancos que puideron xurdir en momentos determinados. Foi curioso e agradable comprobar a boa resposta e acollida que tivo a Festa Celta de Bretoña este ano.

Tamén comprobamos como, ano tras ano, xente en maior ou en menor medida se segue sumando a este proxecto e aportando o seu gran de area que por pequeno que poida ser fai que o conxunto medre e sexa forte.

O día tres de agosto foi un día atarefado, largo, duro pero tamén paixonal, festivo e intenso. Non houbo parón nin respiro tanto para os de aquí coma para os de fora.

As actividades escomenzarón de tarde con unha boa ración de teatro, arpa e gaitas que fixo que os visitantes máis temperáns puideran pasar a tarde entretidos mentres agardaban a que a lúa fixera acto de presencia. Mentres no Coto da Auruxeira dábanse os últimos retoques preparando o que estaba por vir. Algunhas persoas empezaron a achegar ó coto durante a tardiña para dar unha volta, sacar algunha foto ou simplemente botar unha ollada. Uns era a primeira vez que viñan; outros eran veteranos da festa.

Cando paulatinamente a cantidade de luz empezou a diminuir o Coto da Auruxeira escomenzou a cambiar, a mutar, a converterse nese lugar sombrío e escuro pero ó mesmo tempo cálido que fai desta festa e deste coto un lugar especial. Paulatinamente foronse prendendo as candeas que ían iluminar o paseo fluvial e o camiño da entrada sendo o presaxio que anticipa o comezo da festa.

As pallozas preparadas; cheas de liscos e beberaxes. Os músicos listos; ansiosos por escomenzar a tocar. A xente desexosa de pasar unha noite feiticeira nun coto pequeno nun extremo da chaira.

E a música soou; rusos, galegos dando vida ós seus intrumentos quentado o ambiente coa boa axuda da cervexa.

Como é tradición non faltou o conxuro da quemada e o prato forte da festa celta: as vodas celtas oficiadas por Aneiros. Vodas escasas pero vodas o fin e o cabo. A alerxia as vodas parece que tamén chega as vodas celtas. Despois máis festa, máis musica e traxes de época. O frío das pernas quitouse a base de queimada.

Non faltaron a esta cita clásicos personaxes que ano tras ano pasan por Bretoña e non desapercibidos precisamente.

Bebeuse menos, quen sabe por que; tal vez teña algo que ver o do carné por puntos. A ollo diría que se consumiu un 50% menos de bebida que en pasados festivais. Certo é tamén que había menos xente. O lado positivo de todo isto e que non se produciu un colapso nas barras das pallozas como era habitual e o número de pelmas cheos hasta as trancas foi case inexistente. En anos anteriores de unha a tres da maña servir copas era unha tortura chinesa pero este ano foi coser e cantar.

Festa-Celta-Lugnasad-2007

Andábase ben polo campo, a xente portouse ben en xeral salvo algún gracioso que adicou o seu tempo libre apagar toda canta candea atopou. Vendeuse cerámica, camisolas e chaveiros. Agardo que algún libro tamén. O final da noite un espontáneo puxo o climax festivo facendo un streptease integral que fixo as delicias das mozas que quedaban. Incluso recibiu ofertas monetarias para facer un segundo pase.

Non foi unha festa tan longa coma en ocasións anteriores, a sete e media estabamos todos camiño da cama con case todo recollido e a procura dun bar onde tomar un café. Non houbo sorte.

Foi fermosa, elegante e rápida: a Festa Celta do Lugnasad de Bretoña.

Technorati Tags: , , ,

2 comentarios a “Crónica do Lugansad 2007”

  1. Sonia Diz:

    Ola Seve! como vai?
    Quería preguntarche se sabes se vai haber festa celta este ano? non sei se reformala páxina ou dala de baixa? saúdos dende París!

  2. Seve Diz:

    Ola,

    En principio si que se fai, anque non estou moi o tanto de como vai a cousa. Andaban a escoller os grupos, … creo…

    Se vexo a presi este finde, xa lle pregunto.

    Que envexa! Paris! Alegrome de saber de ti

Deixe un comentario