O estrés da preparación, o traballo duro dos días previos, a intensidade da noite celta, os bos momentos de compañeirismo, as expedicións a terras alleas despois das xornadas de traballo quedan atrás: rematou o Lugnasad.
Onte (sabado
todo estaba calmo, entre a choiva unhas figuras paseniñamente se afanaban en recoller dilixentemente os candís, os fachos, os estandartes e todo o que lle da ese carácter especial a festa celta de Bretoña, feita con moito esforzo, ilusión e poucos medios. A decimoterceira xa pasou.
Foi unha edición esta da festa celta con moitas novidades, puido ser mellor; seguramente. Puidémoslle por máis ilusión: imposíbel. Faltan cartos, sobran ilusión e gañas.
O día non prometía moitas alegrías. O medo a que a amiga choiva nos arruína a noite esta presente na mente de todos/as pero voltounos a respectar e van xa… Un convidado inesperado foi o vento incesante e o frío norteiro. O vento xogounos algunha mala pasada cos fachos. Tanto traballo para despois sernos imposible telos prendidos todos. Polos menos os que estaban en sitios máis abrigadiños resistiron ao deus Eolo.
Un novo druída para oficiar as vodas celtas e para facer o conxuro da queimada. Unha nova forma de facer. Un novo estilo. Guerreiros fortes que lle prantaron cara ao frío viquingo con finas roupas. Unha nova pedra para o rito das vodas para substituír a que durante máis dunha década foi a protagonista que finalmente sucumbiu ante un inimigo chamado Klaus.
Outra novidade: Unha proxección de fotos antigas da vila de Bretoña e das súas xentes para todos os que se quedaron na parte alta da carballeira mentres se oficiaban as vodas celtas. Se se volve a facer temos que mellorar varios aspectos: máis fotos e un pc cun sistema operativo libre (Arch Linux se me dan a opción).
Non faltou a música mentres as gorxas disfrutaban do rico licor Maeloc, das queimadas e do hidromel. Empezaron os amigos de “Gandalf” dando mostras do seu bo facer ata as 12 da noite. Despois das vodas tomaron o relevo “Os Tres Trebóns” que coa súa intensidade puxeron a carballeira patas arriba. Sobrou a demostración de sombras chinesas do amigo Xan. O remate musical chegou cos ástures “Taranus” que o fixeron moi ben pese a que algún dos seus membros viña de facer un turno dobre no seu traballo habitual.
Como é costume a xente non marcha cando remata a música senón que segue a festa ao seu xeito asando liscos nas fogueiras, charlando animosamente, bailando con sons imaxinarios e bebendo licores selectos ata ben chagada a madrugada. Neste caso punto é final foi posto canto xa preto do amencer o xerador decidiu que xa rematara a súa xornada laboral. E o Lugnasad 2009 rematou.
Ata o ano se Lug así o decide.















Este ano non puiden ir. Dis que hai un novo druida ¿Non era Aneiros o druida que dende que empezou o Lugnasad de Bretoña celebrou el sempre as vodas e fixo a queimada? ¿Que pasou?
A resposta rápida é: diferenzas profundas sobre certos aspectos organizativos da festa.
Unha aperta.
Hei meu… lamento non ter ido. Non sei se che contaría Chao, pero estiven con gastroenterite o día anterior e ata rematei no PAC, en urxencias… o Venres día da festa, estaba esgotado e doíame todo o corpo. Agardo que o vindeiro ano -¡Santa Combiña!- sexa distinto e poda compartilo con todos vós na fraga da Auruxeira.
Unha aperta, ogallá nos vexamos axiña, que temos pendentes unhas birras. ¡Unha aperta, Seve!.
Coño, non sabía nada… o importante é a saúde. Haber logo cando podemos facer para que caian unhas cañiñas…
Hola Seve, somos una pareja de Huesca que celebramos nuestra boda por primera vez en el Lugnasad de Bretoña del pasado dia 7.
No se como seria la organización de anteriores años, pero podemos felicitaros porque esta edición para nosotros fue perfecta e inolvidable.
Muchas gracias por todo el trabajo que haceis. Ojalá por nuestra tierra mágica también del Pirineo se hicieran cosas similares.
Te voy a pedir un pequeño favor, te agradeceriamos enormemente, nos hicieras llegar por mail (rubiaconlimon@hotmail.com) todas las fotos o videos que tengas de esa noche, porque como comprenderás tenemos que preparar el reportaje de la boda, je..je…
Muchos saludos y esperamos volver en proximos años, aunque será dificil porque vivimos a mas de 900 km.
Gracias anticipadas Seve, aupa Bretoña, sois fenomenales!!!
Hola Gema,
lo de las fotos está hecho aunque yo personalmente no tengo mucho material. Os envío lo poco que tengo.
Sobre lo otro, pues, cada vez que hay cambio en algo hay cosas que se pueden hacer mejor y que debemos aprender para evitar errores y fallos.
Un abrazo