DamnSmallLinux: o linux dos pobres e dos esquecidos de Timofónica
N
É a distro que decidín usar no meu k6-II por dúas razóns:
1. Non teño ADSL, non por que non queira senón polo pasotismo absoluto de políticos e empresas na implantación da banda ancha no rural. Despois virán dalgunha consellería dicindo que están a crear as bases para fixar poboación no rural. Bla, bla, bla,..
2. Un k6-II non está para moitos trotes, se ben é certo que teño corrido nel unha ubuntu, o seu é usar unha distro lixeira cun escritorio que non trague recursos polos catro costados.
Tamén comentar que acabo de mercar uns cds de Slackware 11 a través de LinuxCD por $5.25 máis gastos de envío para instalar noutro PC. O tratarse de 3 cds a opción de descargar está descartada polos motivos comentados anteriormente, así que toca pagar.







