DamnSmallLinux: o linux dos pobres e dos esquecidos de Timofónica

Non o digo de forma despectiva, nin moito menos. DamnSmallLinux é una mini distribución Linux baseada en Knoppix que tan so ocupa 50 megas especialmente deseñada para correr en equipos vellos. Trae de todo, entorno gráfico, navegador, cliente de correo, editores de texto, programa de FTP e moitas cousas máis que fan de este unha distro completamente operativa.

É a distro que decidín usar no meu k6-II por dúas razóns:

1. Non teño ADSL, non por que non queira senón polo pasotismo absoluto de políticos e empresas na implantación da banda ancha no rural. Despois virán dalgunha consellería dicindo que están a crear as bases para fixar poboación no rural. Bla, bla, bla,..

2. Un k6-II non está para moitos trotes, se ben é certo que teño corrido nel unha ubuntu, o seu é usar unha distro lixeira cun escritorio que non trague recursos polos catro costados.

Tamén comentar que acabo de mercar uns cds de Slackware 11 a través de LinuxCD por $5.25 máis gastos de envío para instalar noutro PC. O tratarse de 3 cds a opción de descargar está descartada polos motivos comentados anteriormente, así que toca pagar.


Sobre esta entrada