Directorio de casas de turismo rural en Galicia
A
ndo a fochicar algo, non tanto como quixera, nalgúns proxectos web. Este é o caso de Casas de Turismo Rural en Galicia, un directorio de casa rurais galegas que estou a construír orientado basicamente a público hispanofalante.
Polo de agora aínda queda moito traballo pero teño cando menos claro o obxectivo primordial:
- Tentar de aparecer na primeira páxina de resultados tanto en Google coma en Live polas frases “casas de turismo rural en Galicia” e “turismo rural gallego”.
Sei que é unha tarefa que me vai levar tempo sobre todo porque teño por diante dominios antigos e con bo contido pero se fora fácil non tería gracia
Technorati Tags: seo, turismo rural







