
Hoxe pola mañán tiven a oportunidade de asistir o acto de entrega de diplomas do CEI para tódalas persoas que puidemos facer os cursos que ali se impartiron nos últimos meses.
Da tropa que fixemos o curso de Linux asistimos o 50% a un acto que presidiu Xosé Clemente López Orozco. O acto é os correspondentes discursos foron breves (cousa que se agradece) e transcorreu toda a cerimonia nun ambiente relaxado.
Eu, cando nacin, en vez de traer un pan debaixo do brazo vin cun libro chamado “As leis de Murphy“: hoxe puxen en pratica uns cantos capítulos; case caio ó ir a recoller o título, esquencinme de darlle a man tanto a Eva Real, coma a Orozco, o Delegado Provincial da Consellería de Traballo e o Vicerreitor do Campus de Lugo da USC, …menos mal que non fun o único
A experiencia do CEI foi excelente; un gran curso de Linux, excelentes compañeiros, unha gran mestra, un ambiente ameno, unhas instalacións de manda chover na Habana: espero facer algun curso máis nese centro.
Aproveito para agradecer a Lúis Gago (mestre na USC) por todo o que fixo por nós durante o curso, incluídas as xestións para poder visitar o CESGA e por descubrirme unha ferramenta como Cmaptools.
Tamén, grazas a este acto, descobrin que Orozco le os comentários do seu blog e o que é máis importante toma nota das suxerencias que se lle fan a través del, asi quen queira facer suxestións xa sabe.
O único punto negativo desta entrega de diplomas foi a auséncia de pinchos e birras imprencisdibles neste tipo de actos.














0 Responses to “Entrega de diplomas no CEI”