Son esas cousas inesperadas, froito do azar, as que definen a vida dos seres humanos. A casualidade do nacemento, ninguén elixe nacer, condicionan todo o resto da nosa vida. Nacer na maior parte do mundo garante, salvo milagre, unha vida de escravitude, fame, miseria, calamidades, guerras, … Se tes moita sorte, naces en Suecia; se tes pouca sorte, naces en Liberia. Se naces na península ibérica pode pasar que sexas dos que foden ou dos que están fodidos.

 O noso lugar de nacemento condiciona a nosa forma de pensar, as nosas crenzas, os nosos valores. Toda a nosa personalidade, a nosa identidade, determinada por un acontecemento do azar. Acolloa! Eu son so que son porque nacín onde nacín e medrei onde medrei: non me gusta ser como son.

Sen embargo eu non penso coma a maioría da xente que coñezo e sego a ser producto do mesmo entorno que os moldeou a eles. Qué cambia? Prefiro ser como son que como son. Son consciente da diferenza e ao mesmo tempo son consciente que son un subproducto do entorno moldéante que me moldea e que eu a vez moldeo.

Cómo sería a xente sen ese azar escravizante do entorno? Cómo sería a miña verdadeira identidade sen o martelo moldéante?

Todo o importante para por ser casual, froito do azar. Estiben nese sitio onde coñecín ó meu gran amor amor de casualidade. Fago o que fago por unha conversa casual con un amigo. Estou onde estou por un cúmulo de casualidades, unhas veces para ben; moitas outras para mal.

A estas alturas non me explico como habendo as miles de sitas e relixións variadas ó gusto do consumidor non exista aínda a “Igrexa da Casualidade” ou mellor aínda a “Igrexa da Boa Sorte”. Ben, en realidade, creo que tódalas relixións do mundo venden sorte, ou o control da casualidade e o azar anque de forma disfrazada en rituais e trapalladas varias.

Sorte, casualidade, azar, … curiosas palabras para definir a existencia humana e os seus miserables logros nesta pequena laranxa azul condenada a ser devorada polo sol que lle dá a vida.