Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
12 Sep
Un dos últimos casos resoltos polo servizo técnico xurídico da Consellería de Medio Ambiente fai referenza aos feitos producidos en xullo de 2004 na localidade de Aguiño, no concello de Ribeira. Grazas á denuncia dun cidadán puido detectarse un caso de maltrato continuo a dous cans –macho e femia- de raza pastor alemán.
O propietario propináballes golpes en distintas partes do corpo con tubos semiríxidos de plástico, actitude que xustificou como “unha intención de asustalos para que non lle comeran as galiñas”. O axente da zona da Delegación Provincial de Medio Ambiente, acompañado por efectivos do Seprona, procedeu ao comiso dos dous cans despois da denuncia, co fin de garantir o seu benestar ata a resolución do expediente aberto.
A consecuencia dos golpes recibidos o macho faleceu a finais de agosto no Hospital Rof Codina en Lugo, onde fora trasladado para realizarlle un exame exhaustivo da súa dolencia. As análises psicolóxicas que lle foron realizadas aos dous cans reflectiron claros síntomas de ter sido maltratados de xeito reiterado. Os animais presentaban actitudes de terror cando recibían unha caricia ou cando alguén se achegaba a eles dunha maneira algo brusca.
Ao propietario foille imposta finalmente unha multa de 6.000 euros polos maltratos aos dous animais e procedeuse ao comiso definitivo da cadela, que na actualidade permanece ingresada no centro da Asociación Protectora de Animais e Plantas de Santiago de Compostela. Este animal, que evoluciona favorablemente e adoptou xa actitudes máis sociables coa xente, está a disposición de calquera persoa que queira adoptalo definitivamente e ofrecerlle un fogar.
Espero que alguén lle dea de ostias a ese fillo de puta. As imaxes emitiunas hoxe Telecinco. Podese ver a ese merdán dandolle paus a os pobres dos cans atados ata que cansa.
Aquí, na miña terra, tamén hai algún fillo de puta similar, por exemplo, o que me envelenou a min un can que creo case con toda certeza é o mesmo que sendo eu cativo matou un can de palleiro que tiñamos.
Actualización 13 de setembro: Na web de Telecinco podemos ver o video do fillo de puta este torturando a un animal indefenso.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegarcia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Para falar conmigo usando GoogleTalk: ![]()
Para atoparme no Skype: seve_britonia
3 Respostas para "Este fillo de puta saiu na TV"
De pobre veterinario nada, e si marcha de Aguiño mellor, asi que amigo dos animais jaaaaaa, preguntenlle ¿cantas veces por cartos fai castracións e mutilacións?, ou por pagarlle o veterinario ¿o can non ten dor cando lle cortan as orellas?, ¿ou cando o gato lle arrincan as uñas?, e este veterinario ¿di ser amigo dos animais? jaaaaaa, un amigo asi eu non o quero.
¿Como unha persona que comete esas castracións e mutilacións producindo dias de dor a gatos, cans ….. pode chamar maltratador a outra persoa.?
¿como as asociacións de animais contra os maltratos poden arroupar a outro maltratador?
Ou e que en este pais si hai diñeiro por medio todo ten perdon.
O maltratador do can non ten perdón, pero o seu veciño o veterinario tampouco por que por un camiño de pes que o veterinario queria meter na sua propiedade hai este revoltiso, a pena e que o do can foi fai uns anos que xa foi xugado, porque o saca agora as tv pola mala relacion que ten cos veciños e o triste e que non e polo can.
Onde esta a casa do veterinario esta o camiño que leva o un muelle fenicio zoa de paseo de moita xente, e a dona do veterinario insulta os paseantes, os fillos votanlle pedras, … non lles gusta que pase a xente por ali, ESE E O PROBLEMA QUE TEÑEN OS VECIÑOS CON EL, pero el achaca o can porque ten mais forza.E triste porque o can importoulle pouco
Carta al asesino psicopata y degenerado engendro sin evolucionar del cromagnón.
Espero y ruego a Dios que algún día pagues la salvaje atrocidad cometida con ensañamiento hacia un pobre animal y santo varón (pastor alemán). Por desgracia te has librado de la cárcel pero no te librarás de la condena del pueblo (los buenos españoles), pues gracias a los medios de comumicación tu crimen no a quedado impune, pués en nuestras mentes ya te hemos condenado y yo personalmente ajusticiado arrojado al water y tirado de la cadena como repugnante mierda que eres. En tu próxima reencarnación ( aunque dudo que te vuelvas a reencarnar) tu serás el animal i el pastor alemán tu verdugo porque la ley del karma existe (so cabrón). No eres más que una alimaña de la España mas profunda y negra, igual que tus vecinos y amigos malnacidos e ignorantes dignos de la baja y oscura Edad Media, que son los canallas que te protegen. ¡¡¡QUE ASCO ME DAIS!!! Habeis ensuciado i tirado por los suelos la preciosa A Coruña. Si alguien se hubiera puesto en la piel de este pobre animal comprenderiais el sufrimiento ajeno pero como vais a comprender algo tan humano personas que careceis de corazón? Lo animales sienten i padecen, algo de lo que vosotros careceis. (Esto va por maltratadores de animales como este individuo)
Algo que comentar?