Experiencia como profesor
Estiben todo este vran como docente dun plan FIP denominado «Programador de aplicacións informáticas». Foron uns meses intensos e bastante estresantes xa que foi un xoves cando se me dixo que empezaba o luns. Sen temario, sen nada preparado, sen tempo, despois dun ano con moito estres,…
Nun principio non podo negar que me pareceu unha putada gorda. Pero faise e punto. Non son unha persoa que desfrute diante dunha audiencia, por comprensiva que esta poida ser, como para desfrutar diante dunha audiencia que en moitos casos está obrigada a acudir a este tipo de cursos para non perder as prestacións.
O bo de non ter nada preparado e ter que facelo dun día para outro baixo presión é que comprobas como estás de saúde. Mentres os colegas desfrutan do sol e do tempo libre eu ai -dalle que dalle- preparando presentacións e inventando exercicios. Pensando en non cagala e meter algunha burrada. Pensando como era isto e aquelo.
Polo menos os temas a desenvolver eran algo divertidos (Linux e redes). Tomeino como unha aprendizaxe. Unha oportunidade de tamén aprender eu cousas. Non hai como traballar baixo presión para coñecer os nosos límites pero tamén para saber se estamos no sitio correcto e no momento indicado. Cheguei a interesantes conclusións.
Menos mal que tiña aínda medio fresco o LPIC e o CNNA. Con iso, os apuntes que tiña e un par de libros que merquei fun sacando as materias para diante. O mellor posible tendo en conta que as clases preparabas pola mañan ,no traballo ordinario, e dabanse ao medio día, despois de comer algo a carreira.
Aprendín a manexar Impress. Tiña claro que non ía a dar apuntes para que os alumnos tiveran que votar o día copiando «rollos» en pleno xullo e agosto. Odiábao cando era estudante e sigo a odialo a día de hoxe. Sería a forma máis fácil. Máis cómoda para min. Nembargantes optei polas presentacións. Un sistema máis dinámico, visual e -creo- efectivo. Unha presentación por día e uns poucos exercicios para facer en plan parcitipativo e grupal. Esa foia a miña receita.
Respecto aos alumnos. Que dicir? Espero non os ter matado de aburrimento. Agardo que aprenderan algo. A maior alegría foi que un deles atopou traballo e que me dixo que lle fora útil o que déramos nas clases. Iso xa compensa todo o esforzo. Motiva! Vin unhas cantas persoas con moito potencial que se esta crise ou os políticos non impiden poden ser moi bos.
Estou a revisar os contidos para -cando teña tempo- colgalos para que os descargue quen queira. Espero que podan ser útiles. Teño que substituír varias fotos e gráficos collidos as presas de Google Imaxes para engadir imaxes tomadas ou creadas por min.
Falei moito de software libre, de Richard Stallman, da FSF, de Theo de Raadt, de Debian, de porque era mellor usar drivers libres anque foran de menor calidade que drivers privativos. Puxen exemplos de empresas que se gañan a vida con software libre e non falando de software libre para despois facer xusto contrario. Falei algo de licenzas. De porque prefiro a GPL a BSD. De outros temas similares que é difícil facer ver ao usuario común dun aparello informático. Falei de porque me din de baixa de Facebook e de porque o considero un perigo. Falei dos servizos na nube e a súa problemática. Comprendín que prefiro a filosofía a informática.








Un verano del todo diferente
Este verano decidí hacer algo distinto, y me inscribí en un curso de Programación, grande fue mi sorpresa cuando descubrí que se trataba de Linux , sistema operativo del cual no tenía idea alguna.
Suele suceder, que aunque el profesor considere que tuvo que hacer mágicos malabares para enseñar, el resultado fue que no solo aprendí algo nuevo, sino que salí enriquecida con unas maravillosas anécdotas de programadores, de las que no voy a olvidarme jamás, y que han ganado todo mi respeto, a través de este profesor, que hizo del arte de enseñar algo diferente, ya que me divertí aprendiendo.
Gracias Seve!!!
Salúdos Lilián.
Gracias!!
Que rápido me habéis encontrado! Suerte con lo que queda de curso.
Yo me lo pasé muy bien con vosotros
Un abrazo!
Some specialists claim that business loans aid a lot of people to live their own way, just because they are able to feel free to buy needed things. Moreover, a lot of banks offer student loan for young and old people.
Hola Seve….uno más que te ha encontrado.
Saludos.
Hey David! Espero que os vaya bien en el curso y os sirva en un futuro!!
Un abrazo!!
Das veces que dei clases acabei bastante farto aínda que cando as cousas van ben, compensa. Lembro unha experiencia de dous cursos nun colexio dando clases suplementarias de informática da que teño bo recordo pero prefiro dar clases a nenos que non a maiores.
Dei un par de cursos para adultos e tamén traballei nunha academia… e rematei ata o gorro por non dicir outra cousa
Alédame que che fose ben e polo visto fixéchelo de narabilla, algúns alumnos dan creto. Saudetes…
No meu caso non podo comparar con dar a cativos xa que non pasei por esa experiencia, pero, a verdade é que a aventura esta estivo moi ben.
E certo que cada caso é un mundo e nos cursos para adultos pode haber de todo. Tiven sorte. Xente moi curriña. Repetía sen problema.
Unha aperta.
Confirmo o dito por Lilián. Por min aprobas con nota, e máis tendo en conta as condicións nas que o preparaches todo.
Unha aperta…
Gracias meu!
Unha aperta!
Have no enough cash to buy a house? Worry no more, because this is possible to take the loan to solve all the problems. Hence get a term loan to buy everything you require.