En Bretoña

Anecdotario da festa celta 2010
Co paso do tempo, case un mes, é momento de facer un pequeno balance do que foi a Festa Celta do Lugnasad 2010 no referente a anécdotas e actos pintorescos que pasan desapercibidos para moitos pero que lle dan a isto das celebracións espontáneas de natureza festivaleira o seu carácter e razón de ser.

Por moito que se poida dicir sempre van a quedar as cousas máis hilarantes e divertidas no tinteiro por fala da memoria ou vergoña de contalas. Sexa este pequeno resumo: a punta do iceberg.

1.Camisetas e cartel – Por difícil de que sexa de crer tres semanas antes da festa celta nin tiñamos deseño para as camisetas nin para o cartel. Unha serie de imponderables propios dun filme de Mel Brooks facían que sacaramos o plan Z do baúl para solventar este imprevisto. O cartel foise apañando -e, por certo, ben bonito- unha semana antes do Lugnasad.  O fin de semana antes da festa unha serie de nativos britonienses adicáronse a pegar carteis por voa parte da mariña ata esgotar o papel. Foi cando nos demos de conta que 500 sempre é mellor que 300. A Lugo non chegaron carteis ata o martes (tres días antes da festa) e moi contados porque nos quedaban menos de 20. Como teño comentado en varias ocasións; as xentes de Bretoña somos afeccionados a traballar baixo presión. Senón non presta igual. Non é o mesmo. As camisetas chegaron a Bretoña o día antes da festa. Non esta mal. En outras edicións pasadas teñen chegado o mesmo día da festa. Neste punto é importante resaltar que pedimos as camisetas de muller azuis e con tirantes e as de home cor chocolate. Recibimos unhas camisetas de muller de cor marrón claro e con mangas e unhas fermosas camisetas de home de cor marrón escuro pero non chocolate. Imponderables da vida!!

2.Son –  Digamos que se nos presentou a oportunidade de optar a unha amplificación máis potente da que normalmente tiñamos. Neste caso unha empresa de amplificación da que non darei datos identificativos nos tentou de convencer de tódalas as súas bondades. Este era un caso para  noso experto negociador que tras unha larga conversa con esta empresa quedou convencido das súas bondades. Ao final picamos. Contratamos a nova empresa de amplificación que quedamos tan panchos ata que a 15 días xustos da festa nos chama o fulano da amplificación para dicirnos que pasaba de nós. Menudo marrón. Que profesionalidade!! Menos mal que puidemos voltar a votar man da empresa que facía a amplificación anos anteriores non sen traballos.

3.Vodas celtas – Este ano estreamos druída con bastante éxito o cal fixo que todo transcurrira máis ou menos placidamente salvo pola escaseza de persoal (guerreiros) que fixo que a media hora de iniciar a representación das vodas celtas nos faltara unha persoa para levar o estandarte. Esa foia a miña. Por primeira vez dende que se fai a festa tiven a oportunidade de presenciar o rito das vodas celtas en primeira fila ademais de comprobar o incomodo que é de levar o estandarte sen tropezar ou pegase unha hostia de tres pares.

4.Conxuro da queimada – Normalmente cando a queimada está preparada hordas de “celtas por un día” tíranse a por un grolo de queimada gratuíta bebéndoa, en moito casos aínda ardendo. Xurdiron algúns fallejos nesta edición que fixeron que só os máis celtas do lugar se animaran a repetir un copazo de queimada. Entre eles compre destacar a desaparición do azucre para a queimada que posteriormente aparecería a altas horas da madrugada. Unha queimada sen azucre xa se sabe: tira para atrás. Outro aspecto foi a cantidade de veleno que se lle meteu a queimada. Con veleno estoume referindo a café; non pensemos mal. Máis que queimada saíunos un estupendo licor café ben quentiño. Pese a todos estes imprevistos tampouco é que sobrara moita queimada.

5.Colocación dos indicadores – Unha tradición inseparable do Lugnasad é a noite antes a poñer os indicadores na estrada. Catro dos mellores britonienses que formaban un comando foron os escollidos. Unha vez requisada unha furgoneta para tan magna tarefa dividímonos en dous grupos e procedemos coas operacións especiais de chantado e clavado. Deixarei os detalles humorísticos para outra ocasión e centrareime no grave. Cando xa estabamos a punto de rematar, só falta colocar o sinal na Cruz da Cancela, case temos un desgusto dos gordos por unhas vacas que atravesaron a estrada e provocaron un accidente gordo do que tanto os que iamos no coche diante como os que viñan na furgona atrás libramos por cuestión de segundos. Unha parella non tivo tanta sorte. Por fortuna non houbo perdidas persoais. Ao final a misión foi cumprida con éxito e varios fermosos indicadores deron a benvida aos asistentes ao Lugnasad de Bretoña.

Cartel da XIV Festa Celta do Lugnasad
Ben, este é o cartel deste ano da festa celta de Bretoña. Temos que dar as gracias de corazón a David de Gráficas Ribadeo por facérnolo e a Suso da Serigrafía Eo por encargarse de todo, aguantarme e darnos as máximas facilidades.

Agardo que vos guste e que veñades a posiblemente derradeira edición da Festa Celta de Bretoña.

Festa celta do Lugnasad 2010 en Bretoña
Un ano máis por estas data estase a cociñar unha nova edición da Festa Celta do Lugnasad -e van catorce se a memoria no me falla-. Apurados coma sempre pero tirando para diante.

A falta de innúmeros temas por pechar o que si xa se pode adiantar é o cartel musical deste ano que promete festa a esgalla e bo ritmo.

Saltonocribo

<object width="480" height="385"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/rEAr8T365ZA&hl=en_US&fs=1"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/rEAr8T365ZA&hl=en_US&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="480" height="385"></embed></object>

Os Cempés

<object width="480" height="385"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/YZ-YpAhM8D0&hl=en_US&fs=1"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/YZ-YpAhM8D0&hl=en_US&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="480" height="385"></embed></object>

Pan de Capazo

<object width="480" height="385"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/6LTyl06fWhA&hl=en_US&fs=1"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/6LTyl06fWhA&hl=en_US&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="480" height="385"></embed></object>

Cuchufellos

<object width="480" height="385"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/_cdfftd-D5U&hl=en_US&fs=1"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/_cdfftd-D5U&hl=en_US&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="480" height="385"></embed></object>

A parte das actuacións musicais haberá coma tódolos anos as clásicas vodas celtas oficiadas por un misterioso druída e a medianoite quentaranse as gorxas de tódolos presentes con boa queimada da terra unha ver realizado o conxuro.

A xente interesada en casar polo rito celta aínda pode pasar pola web da asociación cultural auruxeira a contactar para  apuntarse.

Diferenza entre SATA esclavo e SATA maestro
Se nos damos unha volta por webs de material informático vemos na zona dos discos unha curiosa paradoxa: SATA esclavo vs SATA maestro.

En realidade son os mesmos discos. Non existe ningunha diferencia de tipo técnico que faga necesario esa distinción.  Entón, que carallo pasa para ese matíz esclavo maestro?

Simple pero macabro. A única diferencia é o canon dixital -ese imposto revolucionario que está a facer ricos a algúns sen dar pao a auga-. Se nos fixamos, veremos que os discos etiquetados como escravos son máis caros.

A razón deste sin sentido é que se gravan con máis canon os discos duros escravos ou de datos que os maestros ou de sistema. Unha parvada absoluta como outras miles que hai polo mundo adiante.

Xa sabedes amiguiños, non merquedes discos SATA escravos: é un timo.

Posteando en WordPress con vim
Chega un momento en todo friki que ten a necesidade de usar Vim para todo. Entre ese todo está escribir nun blog como unha parte primordial. E aquí estamos, poñendo unhas liñas no blog usando esa maravilla de editor que tanto queren uns e tanto detestan outros.

Para poder usar vim como editor de blogs podemos descargarnos un plugin chamado vimblog ou un fork do anterior. A diferenza entre ámbolos estriba en que o fork permite engadir etiquetas.

A instalación e configuración é moi simple e está ben detallada. O uso, máis simple aínda:

Para recibir os últimos 10 post do noso blog:

:Blog rp

Para crear un novo post:

:Blog np

Para publicar o novo post:

:Blog publish

Para gardar o texto como un bosquexo:

:Blog draft

Para que nos mostre unha listaxe coas categorias do noso blog:

:Blog cl

Para borrar un post polo seu id:

:Blog del id

Xerador de passwords automático para Linux
Despois de ter un pequeno problemilla de seguridade decidín tomarme o tema un pouco en serio e cambiar tódolos meus contrasinais e usar passwords un pouco máis fortes.

Deste xeito descubrín APG (Automated Password Generator). Un programa para xerar passwords de forma aleatoria moi fácil de instalar e usar para Linux.

Instalamos APG en Arch Linux:

sudo pacman -S apg

En Debian e familia sería:

sudo aptitude install apg

O seu uso é moi simple. Escribimos nunha consola:

apg

Teremos unha lista de passwords para escoller. Eu uso AGP deste xeito:

apg -a 1 -m 15

Con isto saco passwords de máis calidade. Con “-a 1″ usamos un algoritmo que xera caracteres de forma aleatoria (números, letras, símbolos). Con “-m 15″ indico que quero passwords con un mínimo de 15 caracteres.

Para máis información:

man apg

Getting Things GNOME
Getting Things GNOME é unha ferramenta GTD para escritorios Gnome. Aínda que polo momento está bastante verde é plenamente funcional e usable.

Permite engadir tarefas e subtarefas para crear proxectos. Podemos contextualizar as tarefas con etiquetas tipo @traballo, @casa, @ocio, … Tampouco é que teña moitas máis funcións, cousa que por un lado se agracede despois de probar aplicacións deste tipo sobrecargadas en exceso que fan que a súa curva de aprendizaxe sexa elevada e que perdan efectividade causando distracións innecesarias.

Permite backups en Remember de milk! e Gnome Evolution.

Ampliable mediante plugins.

Portable.

Sincronizable con teléfonos con Android.

Para instalalo en Arch Linux:

sudo yaourt -S gtg

Sony Reader PRS-600
Agora que están tan de moda os lectores de libros electrónicos é complicado tomar unha decisión entre as mútiples alternativas que existen no mercado.

Decantarse por un lector de libros electrónicos pode ser un proceso complexo -eu din moitas voltas antes de decidirme- se non poñemos en claro as nosas necesidades.

Optei polo Sony Reader PRS-600 por dous puntos importantes para min:

1.Prezo do lector de Sony con respecto ao resto das alternativas.

2.Posibilidade de tomar notas e resaltar texto.

Un dispositivo para ler libros electrónicos entoxáseme bastante incompleto se non me permite marcar texto ou facer anotacións igual que nun libro de papel. Sobre todo pensando en úsalo para ler libros técnicos ou de estudo.

Por outra banda, a maior contra do Sony Reader PRS-600 a vista dos comentarios dos propios usuarios son os reflexos da pantalla. Ben, tampouco é para tanto. A realidade é que os reflexos non son tan graves como podera parecer e varí­an moito en función do tipo de luz que teñamos na estancia onde esteamos a ler.  Nun ambiente de luz natural lese perfectamente sen ningún tipo de reflexo e con luz artificial usando -por exemplo- unha lampariña no caso de que leamos na cama tampouco se producen reflexos molestos.

A lectura no PRS-600 é tanto ou máis cómoda que nun libro tradicional. O seu peso é mínimo e o seu tamaño adaptase perfectamente a nosa man polo que podemos suxeitalo e pasar páxinas comodamente.

Con este lector de ebooks solucionei un dos principais problemas dos libros: o espacio.

Sobre a dispoñibilidade de mercar libros electrónicos está claro que aquí­ “semos diferentes” polo que o mellor é mercar ebooks en ianquilandia ou tirar dos clásicos sitios onde se comparten libros.

A mellor forma de mercar o Sony Reader PRS-600 é tirar de ebay e buscar un vendedor nos USA que nos permitirá aforrar máis de 100 euros con respecto aos precios que piden por estas terras polo cacharro cruzando os dedos para que os de Correos non perdan o paquete.

Pros:

Táctil.

Ergonómico.

Deseño moi coidado.

Permite gardar notas.

Permite realizar pesquisas.

Fácil de usar.

Memoria ampliable.

Moi lixeiro.

Contras:

Algúns reflexos na pantalla.

Escasa memoria interna.

A baterí­a dura menos do que di o fabricante.

Prezo algo elevado.

III edición festa da bola de liscos e das freces
<object width="480" height="385"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/nWn_PkqwvVs&hl=es_ES&fs=1&"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/nWn_PkqwvVs&hl=es_ES&fs=1&" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="480" height="385"></embed></object>

O pasado 7 de marzo como xa é costume dende fai 3 anos celebrouse unha nova edición da “Festa de Bola de Liscos e das Freces” organizada pola asociación “Amigos da Feira de Bretoña”.

Esta festa, cada ano, vaise consolidando e os seus organizadores incorporan pouco a pouco novidades para dar un toque innovador a cada edición. Este ano engadiron ao xa tradicional das anteriores edicións unha mostra de fotos antigas relacionadas coas xentes e a xeografía britoniense e complementouse a exposición de coches e motos antigas con tractores que nalgúns casos eran autenticas reliquias.

O punto negativo desta edición foi provocado polas adversas condicións meteorolóxicas que tal vez que se retraera algo o número de visitantes. Parece que Maeloc xa ten bastante traballo conquerindo que non chovera na festa celta durante 14 anos.

Polo resto, os actos transcorreron como de costume coa cita previa do sábado para asistir a polbada nocturna e a posterior verbena a cargo da orquestra Venecia que se prolongou durante boa parte da noite.

Como de costume o día forte foi o domingo -malia que facía un frío de mil demos- con actividades ao longo de toda a xornada. O punto forte -claro está- foi facer a cata das freces e da bola de liscos. É moi recomendábel facer a “ruta baritima” -que me perdoen os da Pontenova polo plaxio- por Bretoña antes do xantar para ir degustando as distintas variedades de freces e bola que  ofrecen os establecementos da vila.

Como en anteriores edicións o museo de Villapol -autor da escultura de Maeloc que preside a praza- estivo dispoñible para a súa visita durante boa parte da tarde.

Todo presidido pola intensa presenza de Maeloc  que nos observada dende o alto da fonte.

UPDATE: Galería con máis fotos

Gruml, lector de rss que sincroniza con Google Reader
Gruml é unha aplicación que permite manexar os rss aos que estamos suscritos no google reader dende o escritorio do noso mac.

O seu uso e configuración é bastante simple. Con só meter os datos da nosa conta de google reader nos descarga a estructura de carpetas que teñamos montada e os corresponentes rss almacenados en cada unha.

A sincronización é perfecta polo que evitamos molestia de ter que ler dúas veces o mesmo artigo según accedamos dunha ou doutra maneira.

Polo de agora é gratuito pero non sei que me da que cando deixe de ser beta tal mude esta situación.