Ferreiros de Riotorto
O
pasado domingo tiben a oportunidade de dar unha volta pola Feira de Artesanía do Ferro que se celebrou en Riotorto. Moita xente da redoada pasou por ali grazas ó atractivo da proposta e o soleado do día.
A parte diso o compoñente musical a cargo de Susana Seivane e Milladoiro era do máis apetecibel congregando o mellor de cada casa.
Tamén puidemos ver en primeira fila unha demostración práctica de como ferrar un cabalo.
O mellor de todo, como non, poder ver o traballo dos ferreiros en vivo e en directo durante toda a tarde a parte de outros artesáns que estiberon presentes, por exemplo, un cesteiro moi «alegre» ou o xove zoqueiro Alberto Geada.
Destacar que houbo teatro pola rúa e moita troula a cargo de Moscoso
que deixou por un día a construcción para meterse a temas espirituais que non espirituosos deleitando o persoal especialmente s máis pequenos e armando barullo por cada sitio que pasaba acompañado dun peculiar monaguillo que acojonaba con so mirar para el.










Ola Seve,
Estou buscando fotos da Feira dos Ferreiros do ano 2007. Poderías poñerte en contacto comigo? Tes o meu correo na miña web: http://www.riotorto2005.tk