Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
18 Abr
O pasado domingo tiben a oportunidade de dar unha volta pola Feira de Artesanía do Ferro que se celebrou en Riotorto. Moita xente da redoada pasou por ali grazas ó atractivo da proposta e o soleado do día.
A parte diso o compoñente musical a cargo de Susana Seivane e Milladoiro era do máis apetecibel congregando o mellor de cada casa.
Tamén puidemos ver en primeira fila unha demostración práctica de como ferrar un cabalo.
O mellor de todo, como non, poder ver o traballo dos ferreiros en vivo e en directo durante toda a tarde a parte de outros artesáns que estiberon presentes, por exemplo, un cesteiro moi “alegre” ou o xove zoqueiro Alberto Geada.
Destacar que houbo teatro pola rúa e moita troula a cargo de Moscoso
que deixou por un día a construcción para meterse a temas espirituais que non espirituosos deleitando o persoal especialmente s máis pequenos e armando barullo por cada sitio que pasaba acompañado dun peculiar monaguillo que acojonaba con so mirar para el.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Para falar conmigo usando GoogleTalk: ![]()
Para atoparme no Skype: seve_britonia
Unha Resposta para "Ferreiros de Riotorto"
Ola Seve,
Estou buscando fotos da Feira dos Ferreiros do ano 2007. Poderías poñerte en contacto comigo? Tes o meu correo na miña web: http://www.riotorto2005.tk
Algo que comentar?