Festa celta do Lugnasad 2009

Festa Celta de Bretoña 2009
Nesta edición o tema musical estará cuberto polos “Os Tres Trebóns”, o grupo “Gandalf” de Astorga e o grupo asturiano “Taranus” que seguro farán as delicias dos presentes.
Coma sempre entre música e conxuro da queimada haberá tempo tamén para o ritual das vodas celtas. As actividades comezarán pola tarde cunha serie de actos lúdicos para os máis cativos e o pistoletazo de saída pola noite será as dez e media da noite.
As pallozas estarán ben cheas de comida e de bebida para todos os que se acheguen a gozar da noite celta britoniense en honra ao deus Lugh.








Pois este ano -se nada o remedia- verémonos na carballeira cun vasiño -ou dous- de Maeloc… ¡e que Santa Combiña e mai-lo vello Lugh acompañen!.
Ata o 7 entón…
Pois a pasarse pola palloza do medio que tes alí unhas copas pagas!! Santa Combiña!! Vemonos
boas, escríboche pra saber se é posible que me envies un cartel da festa para anunciar no meu blogue. Veña vémonos o venres. Saúde
Boas, tes unha imaxe grande aquí: http://auruxeira.org/auruxeira/image/base/cartel2009g.jpg
As Vodas Celtas tamen se van celebrar este ano en Cedeira o 29 de agosto na I Festa Celta do Lugnasad polo druida que impulsou a festa de Bretoña, Manuel Aneiros (Aneiros dos Artabros), hai mais informacion en http://www.galiciamagica.com