Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
29 Jun
Se o meu coche non casca polo camiño, que teño as miñas dubidas (SEAT), o sábado estarei en Silleda facendo o primeiro exame das oposicións de auxiliar. O domingo o de subalterno. Mi ma!
Espero que non ocorra o da anterior convocatoria… O luns ou o martes comentarei as anécdotas da xornada, as mellores xogadas e as pifias do arbitro, amén de outras curiosidades propias de calquera competición deportiva que se prece.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Algo que comentar?