Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
17 Jun
Algunha son miñas; outras non.
“Pasa dai chito”. Cando me tocou sentarme con C.
“Como pienso, como pienso”. Frase atribuída a un compañeiro de clase.
“Cheminea humana”. Por un colega adicto ós Habanos.
“A culpa e das mala compañas”
“Eu non fun”. Si, daquela era algo mentirosillo.
“Estudas, traballas ou tes vacas?”. Tentando ligar en plan rústico.
“Tranquilo, A, e que é cervexa do fondo barril. A que mellor sabe”. Mellor non recordalo.
“Iso é o que eu definiría como ir lixeiro de cascos”. Por un colega que se lle despegou a sola dunha zapatilla.
“Chamade ó ferrador”. Polo mesmo colega.
“Confirmado, non aboia”. Nos meus tempos, no Instituto de Meira era tradición tirar ao río a xente en fin de curso.
“Vaia merda de lousa”. Despois de escachar tres lousas con petardos do teito de secretaría.
“Qué, latamos?”. Frase repetida hasta a saciedade.
“Turrar non turra, pero ten uns cornazos”
“Loooooba”. Un amigo dicía isto unhas trinta veces ó largo do día.
“Tio, eres un cachondo”. Dito por un colega a outro ó que lle acababan de meter un afrodisíaco na bebida.
“Non me acordei de facelos”. Preguntado polos deberes.
C: “Por isto darasme algo máis”. Colgado cabeza abaixo na corda sen nós do ximnasio.
P: “Si, un plátano”. Resposta do profesor.
“Cago en Dios, quén me escondeu os calzonzillos?”. Nas duchas do ximnasio.
“Chántame os fuciños no cu”. En Mallorca, sinalando ó reloxo do paisano.
“Morre cabrón!”. En Mallorca, un amigo dándolle de hostias a outro completamente borracho.
“Ábreo haber se é un chicle”. A dicíndollo ó seu compañeiro de pupitre por un condón que unha rapaza lle metera na carpeta.
“Mira para min”. A, eu e A2 por unha moza que miraba cara nos. En realidade miraba para a rapaza coa que falaba.
“Cago en dios, non abre!”. A completamente borracho tentando de abrir unha porta tirando da manilla que non era. Un pouco mais e arrinca a porta.
“Como vamos?”. Xogando un dous para dous, borrachos, sen que ninguén dera nin tan sequera tocado o aro co balón.
Outro diga sigo recordando a miña época máis feliz.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Para falar conmigo usando GoogleTalk: ![]()
Para atoparme no Skype: seve_britonia
Unha Resposta para "Grandes frases dos meus tempos de estudante, aló no plistoceno"
Jaja
Algo que comentar?