Hedo Turkoglu; o herdeiro de Toni Kukoc


Hedo TurkogluDende fai varias tempadas Turkoglu reclamou por dereito propio en Orlando o sitio que lle era negado en Sacramento como xogador titular dunha franquicia NBA.

Pese a que nesta tempada non está a despregar o seu mellor xogo nin a facer uns números tan excelsos coma na campaña anterior, temos ao seu equipo liderado por Superman Howard dándolle a primeira na cara aos Cavaliers de Egoista James con 15 puntos e 14 asistencias de Hedo.

Dende sempre o estilo de xogo de Turkoglu tivo unha gran similitude co despregado polo xogador máis talentoso que deu o continente (Toni Kukoc). Ata a maneira de moverse pola cancha de xogo, de botar a pelota, de entrar a canastra lembra profundamente a Toni. Un home moi alto que manexa magnificamente o balón e capaz de xogar en catro posicións distintas.

Alto e espigado pero cun tren superior máis poderoso que o do xenio de Split. Turkoglu está destinado a levar nestas finais de conferencia gran parte do peso ofensivo do seu equipo, sobre todo, nos momentos finais onde Howard non é unha boa opción de ataque debido a súa pésima porcentaxe nos tiros libres.

Un pracer gozar deste tipo de xogadores: superclases propios doutras épocas con menos músculo e máis talento.

Crédito da foto: Keith Allison

, , ,

  1. #1 by Saul on 28 Mayo 2009 - 12:16

    Si, Turkoglu é bon xogador, pero feoooooo…
    xD

  2. #2 by Seve on 29 Mayo 2009 - 21:48

    A beleza é algo subxectivo XP De todas formas creo que vai ser o primeiro turco en lucir un anel de campión da NBA :)

(non será publicado)