III edición festa da bola de liscos e das freces

III edición festa da bola de liscos e das freces

O




pasado 7 de marzo como xa é costume dende fai 3 anos celebrouse unha nova edición da “Festa de Bola de Liscos e das Freces” organizada pola asociación “Amigos da Feira de Bretoña”.
Inauguración da festa da freces
Esta festa, cada ano, vaise consolidando e os seus organizadores incorporan pouco a pouco novidades para dar un toque innovador a cada edición. Este ano engadiron ao xa tradicional das anteriores edicións unha mostra de fotos antigas relacionadas coas xentes e a xeografía britoniense e complementouse a exposición de coches e motos antigas con tractores que nalgúns casos eran autenticas reliquias.

O punto negativo desta edición foi provocado polas adversas condicións meteorolóxicas que tal vez que se retraera algo o número de visitantes. Parece que Maeloc xa ten bastante traballo conquerindo que non chovera na festa celta durante 14 anos.

Polo resto, os actos transcorreron como de costume coa cita previa do sábado para asistir a polbada nocturna e a posterior verbena a cargo da orquestra Venecia que se prolongou durante boa parte da noite.
Maquinaria agricola na festa das freces
Como de costume o día forte foi o domingo -malia que facía un frío de mil demos- con actividades ao longo de toda a xornada. O punto forte -claro está- foi facer a cata das freces e da bola de liscos. É moi recomendábel facer a “ruta baritima” -que me perdoen os da Pontenova polo plaxio- por Bretoña antes do xantar para ir degustando as distintas variedades de freces e bola que ofrecen os establecementos da vila.

Como en anteriores edicións o museo de Villapol -autor da escultura de Maeloc que preside a praza- estivo dispoñible para a súa visita durante boa parte da tarde.

Todo presidido pola intensa presenza de Maeloc que nos observada dende o alto da fonte.
UPDATE: Galería con máis fotos

3 Comentarios

  1. Unidos
    Mar 15, 2010

    Como mola o CASE!!

  2. Seve
    Mar 15, 2010

    A cor é discutíbel :)

  3. Unidos
    Mar 15, 2010

    Juas, está de moda ese tonillo, só hai que ver algúns coches polo mundo adiante