De neno pensaba que todo era ilusión. Estaba case convencido que todo pasaba para que eu o vira ou reaccionara. Pensaba que a xente era unha especie de monicreques que só se limitaban a facer que “alguén” lles mandaba para que eu os observara.

Cría que eu era o centro dunha especie de experimento no que era avaliado por un científico tolo que analizaba a miña forma de interactuar e reaccionar respecto a estímulos predeseñados por una “mente” caprichosa, malvada e macabra. Cheguei a pensar que tal vez era permanentemente observado (coma no “Show de Truman”) por algo, alguén, mortos, … Pensaba que tal vez o resto da xente sabía todo o que eu pensaba. Cheguei a estar aterrorizado en ocasións e o mesmo tempo cunha grande curiosidade por saber o que ese “observador” me tiña preparado. ¿Cál será a próxima putada? ¿Ónde me poñerás a proba? ¿Cándo me matarás? Iso foi cando tiña uns catro ou cinco anos, tal vez máis.

Agora que son máis vello, máis cínico, máis descrido. Agora que xa me importa todo unha merda xa non penso que todo sexa unha ilusión: estou certo.