Indiana Jones e a compulsa de documentación

Todos os que nunha ou en varias ocasións tivemos que compulsar documentación, títulos, DNI´s ou outra parafernalia que soen solicitar as distintas administracións, centros educativos e institucións do máis diverso pelaxe sabemos que cada caso é un mundo e que algo aparentemente sinxelo pode facer perder os nervios ao monxe máis tranquilo dunha comunidade Zen.

Exemplos varios:

No meu concello o servicio funciona super ben e encima gratis. É o sitio ao que sempre recurro salvo catastrofe. Levas o orixinal e a copia ou fancha alí, e compulsan sen máis. Non cobran por compulsar e moitas veces nin sequera por facer as copias.

Noutro concello que coñezo é outro mundo. Antes, para empezar, tiñas que ir un día que se levantaran con ánimo de traballar. Con sorte tiñas que escoitar respostas bordes e mandábante a tomar por saco, perdón, dicíanche que a universidade o organismo para o que tiñas que presentar a documentación tamén tiña servizo de compulsa. Menos mal que co cambio de goberno local tamén se fixo unha limpeza de persoal sobrante, molesto e insalubre.

Se compulsas na universidade tómante por rico e cobran cada compulsa coma se as fotocopias as fixera un mestre copista que teñen agochado nun escuro lugar da biblioteca.

No multiusos da Xunta depende con quen topes. Uns dinche que non podes levar as copias feitas e que as teñen que facer eles outros dicenche que non, que eles non fan as copias e que as traia eu xa feitas. Finalmente está o que che dí que está moi ocupado e que pases outro día. Xa se sabe que na administración a man dereita non sabe o que fai a man esquerda.

0 Responses to “Indiana Jones e a compulsa de documentación”


  • No Comments

Leave a Reply