Estas son unhas capturas de pantalla mentres instalaba Arch Linux. A instalación realiceina nun trial de Parallels. Premendo sobre as imaxes podes velas a tamaño completo.

Na primeira captura vemos o que nos aparece nada máis meter o cd e correlo. Pulsamos enter para que apareza a segunda pantalla e tipeamos no promt “km” para escoller o tipo de teclado que vamos usar.

Arch LinuxArch Linux

Seleccionamos o noso tipo de teclado no menú, aceptamos e tipeamos “/arch/setup” para iniciar a instalación de Arch Linux na nosa máquina.
Arch LinuxArch Linux

Todo o proceso de instalación é bastante simple e é guiado a través de menues de texto. Seleccionamos a fonde onde vamos a instalar Arch Linux no noso sistema. Neste caso CD-ROM.
Arch LinuxArch Linux

No menú de instalación aparecen o 7 pasos para instalar Arch Linux na nosa máquina, simplesmente teremos que seguir esa orde e deixar que o script de instalación vai facendo seu traballo. Empezamos preparando o disco duro para poder instalar Arch Linux nel. No meu caso usei a opción 1 xa que se trata dunha máquina virtual. Se vamos instalar Arch Linux nun disco duro para el só usaremos a opción 1 pero se o vamos instalar nun no que xa hai outro sistema operativo usaremos a opción 2.
Arch LinuxArch Linux

Seleccionamos o disco duro no que vamos instalar Arch Linux (neste caso non hai moito onde escoller) e cfdisk presentanos as particións que creou automaticamente (escollera a opción 1). Para min está ben asi que non fago nengun cambio e acepto.
Arch LinuxArch Linux

Unha vez feito isto vamos paso dous para seleccionar os paquetes que vamos instalar no noso sistema. Empezaremos por montar o cdrom.

Arch LinuxArch Linux

Eu só selecciono os paquetes base, o resto xa o instalarei cando o necesite, por outro lado, en versións anteriores de Arch Linux escoller unha instalación completa daba erros e problemas de dependéncias. Na segunda pantalla temos parte dos paquetes que vamos a instalar.
Arch LinuxArch Linux

O paso tres é a instalación dos paquetes, bastante rápida xa que son pouco máis de 90 megas.

Arch LinuxArch Linux

Agora empeza a diversión. vamos o paso catro a configurar o noso sistema, para elo temos duas opcións; usar o editor vi ou usar o editor nano. Recomendo encarecidamente usar nano salvo que teñas pratica co uso de vi.

Arch LinuxLinux18

Na primeira pantalla temos a lista de arquivos a configurar. Non é necesário configuralos todos e na maioría apenas teremos que tocar un par de cousas. Na segunda temos o rc.conf aberto con nano. Arriba de todo temos a explicación de cada unha das seccións do arquivo que podemos configurar.

Arch LinuxArch Linux

No paso 5 toca instalar o kernel. Seleccionamos o kernel que queremos e tiramos para diante :)
Arch LinuxArch Linux

Instalamos o kernel e vamos o paso 6 Instalar o Bootloader.

Arch LinuxArch Linux

Como na maioría de distribucións Linux temos a opción o de instalar GRUB ou LILO. Seleccionado GRUB vexo que o arquivo xa aparece escrito correctamente :) Se na maquina houbera outro sistema operativo como Windows (vale aceptamos barco como animal acuático) teríamos que engadilo ó GRUB. Xa comentarei noutro post como se fai pero está suficientemente explicado e con buscar no Google…
Arch LinuxArch Linux

A instalación rematou, agora temos que comprobar que funcione. Cruzamos os dedos e reiniciamos :P
Arch LinuxArch Linux

Acojonado? Arch Linux non trae entorno gráfico, iso ten fácil solución, unha vez temos saida a internet usaremos a ferramenta “pacman” para instalar tódalas mariconadillas que queiramos incluído un entorno gráfico. Diso xa falaremos máis adiante.

Problemas: A instalación foi bastante limpa e non a caguei moito. O final da instalación o Arch Linux funcionaba :P Instalei en Parallels porque polo de agora fun incapaz de facer funcionar en Linux a puta tarxeta inalámbrica que ten o PC de sobremesa.

Technorati Tags: ,