Nestes días tiven a oportunidade de votar unha ollada a vários programas de governo duns cantos partidos políticos. Un ten estes vícios!

O certo é que en case todos se fai referéncia o tema de internet, sobre todo as conexións claro está anque tamén a formación para as novas tecnoloxías. Terra Galega de Pol, PSOE de A Pastoriza, BNG de A Pastoriza fan referencia a este tema nos seus programas eleitorais. Lástima que sexa con dez anos de retraso. Parece polo menos que escomenza a haber vontade política de dotar ó rural dun verdadeiro sistema de acceso a internet e eliminar o colo de botella que impoñen a conexións de baixa velocidade. Imaxinade, por exemplo, o que é subir un podcast a través dunha conexión a 56 Kb: tortura chinesa da voa.

Ainda asi parece que no maxin dos políticos costa discernir conceptos como wifi e wimax anque se presupón a voa vontade.

Agardo non ter que esperar outros dez largos anos para poder ver en A Pastoriza o mesmo que comentei na entrada sobre a situación das conexións a internet en Estónia…

Technorati Tags: , ,