Irlanda – Inglaterra; Rugby e política
E
sta noite enfrentase Irlanda e Inglaterra dentro do torneo das Seis Nacións no estadio de Croke Park, escenario do «Domingo Sanguento».
O 21 de novembro de 1920 durante a guerra da independencia irlandesa o estadio de Croke Park foi o escenario dunha matanza a mans de paramilitares británicos cando estes dispararon contra o publico e xogadores dun encontro de fútbol gaélico. A resultas deste ataque faleceron 14 persoas.
Croke Park acolle partidos de rugby por primera vez xa que ata o ano 2005 estaba prohibido o seu uso para deportes non gaélicos. A razón é que o estadio de Lansdown Road, onde xoga habitualmente a selección irlandesa de rugby está en obras.
Están previstas manifestacións contra a presenza da selección inglesa de rugby en Croke Park, pero a nota de sensatez puxoa un familiar dunha das víctimas do «Domingo sanguento» o dicir «Isto sucedeu antes que nos viviramos. Somos unha xeración diferente, temos que pasar páxina»
Technorati Tags: Inglaterra, Irlanda, rugby








Menudo partizado, vaia paliza levaron os ingleses