Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
24 Feb

Esta noite enfrentase Irlanda e Inglaterra dentro do torneo das Seis Nacións no estadio de Croke Park, escenario do “Domingo Sanguento”.
O 21 de novembro de 1920 durante a guerra da independencia irlandesa o estadio de Croke Park foi o escenario dunha matanza a mans de paramilitares británicos cando estes dispararon contra o publico e xogadores dun encontro de fútbol gaélico. A resultas deste ataque faleceron 14 persoas.
Croke Park acolle partidos de rugby por primera vez xa que ata o ano 2005 estaba prohibido o seu uso para deportes non gaélicos. A razón é que o estadio de Lansdown Road, onde xoga habitualmente a selección irlandesa de rugby está en obras.
Están previstas manifestacións contra a presenza da selección inglesa de rugby en Croke Park, pero a nota de sensatez puxoa un familiar dunha das víctimas do “Domingo sanguento” o dicir “Isto sucedeu antes que nos viviramos. Somos unha xeración diferente, temos que pasar páxina”
Technorati Tags: Inglaterra, Irlanda, rugby
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegarcia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Para falar conmigo usando GoogleTalk: ![]()
Para atoparme no Skype: seve_britonia
Unha Resposta para "Irlanda - Inglaterra; Rugby e política"
Menudo partizado, vaia paliza levaron os ingleses
Algo que comentar?