Como non fumador debería estar agradecido pola aprobación da Lei antitabaco. Sen embargo pareceme unha cagada do tamaño da torre Eiffel.

Camparada coas lei de paises como Gran Bretaña o Italia está claro que non da a talla, nestes paises está terminantemente prohibido fumar en calquer establecemento hostelerio. Aquí a cousa quedou nunha serie de maquillaxes que o único que fomentou foi que uns hosteleiros estean puteados e o borde do peche e outros poidan facer o que lles veña en gana.

Falemos un pouco da rúa dos viños de Lugo. Comentabame un empregado dunha das adegas que alí eles estaban puteados o 100% e que notarán que ó verse obrigados a non permitir fumar perderan moita clientela. As adegas ó ter productos como xamóns e embutidos teñen duas opcións, ou ben, pechan hermeticamente a zona donde se atopan os embutidos ou ben prohiben fumar. En adegas como a San Vicente ou a Adega e materialmente imposible facer isto, A Romana tivo máis sorte e puido facer as obras pertinentes para aislar os productos. O carallo é que nas adegas levan toda vida os xamóns e os embutidos expostos ó fume e nunca ocorreu nada. Estas adegas que dan un colorido especial a rúa dos viños estanse vendo seriamente perxudicadas por esta lei absurda. ¿Cómo se explica que no bar do lado se poida fumar tendo as tapas en contacto directo co fume do tabaco e nas adegas non se poida facer o mesmo?

A solución, se este goberno tibera o que hai que ter faría o mesmo que os paises viciños: prohibir fumar en todos os locais e sanseacabó. Pero aqui xa se sabe: tarde, mal e arrastro.

Tags: , ,