Linex será o sistema operativo de tódolos postos de traballo da “Junta” de Extremadura
A través do blog de “Enrique Dans”:http://www.enriquedans.com leo que a “Junta” de Extremadura, pioneira en España no fomento, promoción e apoio ó software libre, implantará Linex e outras ferramentas libres en tódolos postos de traballo da administración autonómica no prazo máximo dun ano.
Parece que en Extremadura teñen algo máis de sorte ca nos e os seus políticos tómanse o aforro de custes, a seguridade e a privacidade dos datos dos cidadáns con algo máis de seriedade. Aquí estamos como estamos…
Agora estás a ler “Linex será o sistema operativo de tódolos postos de traballo da “Junta” de Extremadura”, unha entrada en Seve
- Publicada:
- 26.07.06 / 7am
- Categoría:
- Novas
- Tags:
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.

