Lugnasad 2011

Lugnasad 2011

Foi ben. Mellor do que pensábamos. Unha gran festa celta a deste ano. Máis xente vestida de época que en moitas edicións anteriores salvo, claro está, os tempos nos que os amigos de Xunqueira de Ambía se facían notar. E de que maneira. Eran outros tempos. Xa son historia.

O tempo non foi o mellor. Choveu! Daba igual. A xente coa que falei: moi contenta. Realmente parece que a cousa foi moi ben.

Sorprendeume gratamente a implicación dos asistentes. Non por inesperada, senón por afectuosa. Sen problemas destacables salvo os provocados polo grupiño de sempre. Xa estamos afeitos. Non pasa nada. Tamén nos visitou Xena "A princesa guerreira". Creo que comera callos ;)

Coma sempre o punto álxido foi a celebración das vodas celtas a cargo do druída Chao de Luxilde. Innovouse neste aspecto gracias a colaboración do escultor Fernando Villapol que cedeu unha escultura para facer de deus Lugh ante unha ofrenda por parte dos noivos antes das vodas.

Tras os vodorrios chegou a queimada. Un momento sobrio e rápido para dar paso ao desenfreo por coller unha pinga da rica queimada que é de balde. Lembrase a xente que se mete as mans no perolo pódese mancar.

A música coma sempre nas últimas edicións moi ben:

  1. Muxarega
  2. Linho do cuco
  3. Pe de boi
  4. Ultráqáns

Para remarcar o carácter especial desta edición realizouse un documental que verá a luz nos próximos meses que servirá, polo menos, que cando dentro de trinta anos no asilo contemos as aventuras que vívemos con Lugnasad teñamos unha proba gráfica que corrobore o noso relato. Un recordo para todos os que pasaron e deixaron a súa impronta na Asociación Cultural Auruxeira.

Nas quince edicións de Lugnasad celebradas sempre tivemos moita sorte coa choiva. Tivemos anos nos que despois de chover todo o día paraba a iso das oito da tarde para dar un trégua. Case diría que tiñamos un anxo protector. Ata este este ano. Conto todo a cousa non afectou nada ao desenrolo da festa. Outro ano máis a sorte púxose do noso lado.

Ao día seguinte, ao achegarnos a recoller o lixo os primeiros pensamentos foron para preparar a edición XVI da festa celta. A cabeza dando voltas para tentar mellorar e seguir a diante un ano máis ata que o corpo aguante.

2 Comentarios

  1. Óscar
    Ago 18, 2011

    Que hay neno… parece que houbo boa festa. Este ano non me deixei caer, a ver para o seguinte. Callos á parte, houbera tido aquel ver a «Xena», seguro que foi espectacular.
    Por outra banda… ¡mola moito o novo template!. Un 10.
    Pois nada, a ver se mirámo-lo correo de vez en cando, saúdos e ata vérmonos.

  2. Seve
    Ago 20, 2011

    Boas meu,… a festa estivo moi ben. A mellor dos últimos anos. Houbo algo de menos xente pero a que veu moi animosa.

    Realmente quedounos gana de máis… xa andamos cavilando.

    Falamos por mail.

    Unha aperta