Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
10 Ene
Este nadal decidin mercar un ordenador portátil, máis por necesidade que por gusto. Eu sempre tiven predilección por cacharros grandes e ruidosos. Nun principio mirei varias opcións, incluído a posibilidade de mercar un ordenador portátil usado cousa que descartei por non dar atopado nada que se achegará as miñas necesidades.
Dende logo, tiña claro un par que cousas que debía cumplir o ordenador portátil que mercara:
As marcas que mirei foron Lenovo, Dell e Apple. A Sony descarteina porque era demasiado cara.
Lenovo non deixa de ser IBM. Sempre me gostaron os ThinkPad, configurando un de 12 polegadas leveime un susto grande o ver que o maldito pasaba de 2.000 euros. Xa me empezaron a gustar menos os ThinkPad. Dell en principio era a miña elexida, portátiles de calidade e un gran servizo técnico pero fedellando no configurador, o portátil que queria saía-me máis caro que o Macbook e tamén me fodia bastante que non teñan a opción das miles que ofrece o configurador de Dell para quitar o Windows XP. O final despois de moitas cestas gardadas na web de Apple decidin mercar un Macbook con 2 xigas de RAM e un disco duro de 200 Gigas.
A cor elexida foi a branca.
O Macbook tardou en chegar 9 días nos que en moitos momentos me arrepintin de ter gastado tanta pasta nun puto ordenador. Todo iso quedou atrás o día que mo trouxo o fulano de UPS. Amor a primeira vista
Foi agradable comprobar o meticulosos que son os de Apple con máis mínimos detalles (e sólo estou a falar da embalaxe) .
Unha fermosa caixa branca coa foto do Macbook para ir abrindo o apetito. Dentro todo perfeitamente embalado e protexido. Que diferenza con respeito a outras marcas de portátis que parece que os embalaron cunha pala de obra.
Chamou-me a atención mando do Macbook para facer pases de fotos ou películas, moito máis pequeno do pensaba. Pouco maior ca un chisqueiro, ainda non o saquei da bolsa que traía, teño certo canguelo a perde-lo. Comprobei que é bastante útil para ensinar as fotos da comunión da prima a toda a familia e chorradillas similares.
Pero o mellor do Macbook para min ainda estaba por chegar e foi cando o arranquei cando estiven por primeira vez ante un Mac OS X Tiger, a miña experiéncia anterior con sistemas operativos abarcaba dende DOS ata XP por unha banda e pola outra case tódalas distros maiores de GNU/Linux, Solaris e FreeBSD. Sinceramente despois de apenas un par de semanas usando Mac OS X Tiger creo que é moi superior a tódolos anteriormente citados. Agardo con ansia ver como será o Leopard…
O primeiro ou case o primeiro que fixen foi mercar unha licenza de Textmate e por agora non creo que merque nada máis de soft. Estou-me apañando bastante ben con utilidades freeware.
Respeito o funcionamento do portátil pouco hai que dicer, rápido, estable e visualmente moi agradábel. A barra inferior e Quicksilver fan que executar programas sexa unha delicia e Dashboard está a ser unha utilidade imprescindíbel. Con Boot Camp cando teña un pouco de tempo instalarei o WinXP no Macbook para correr un par de aplicacións das que non din atopado equivaléncia polo de agora no mundo Mac.
Do funcionamento da batería, que dicer? pois que dura algo máis de catro horas. Non está mal
O único problema que le vexo polo de agora é que o cabrón atrae o po e as pelusas que da gloria velo. Tal vez sexa que o ser branco se note máis. Tiña pensado mercar-lle un iSkin para o teclado pero os gastos de envio son algo caros polo que de momento agardarei. Tamén voto en falta un USB no lado dereito do Macbook para conectar un rato, o primeiro costa acostumar-se un pouco o trackpad dun so botón.
En resumo, cando merquei o Macbook recoñezo que foi principalmente o meu ego o que me fixo tomar esa decisión pero a agora diria que este trasto branco vale cada un dos euros que paguei por el.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
2 Respostas para "Macbook review"
Grazas pola review. Eu ando nas mesmas; todavía estou na fase de facer números, pero o que sinto por este trebello é demasiado forte. Ata logo Pc, ola ruína absoluta….
Noraboa. Podes pasar por http://www.macuarium.com/foro/index.php?act=idx para buscar esas equivalencias que ainda non atopaches.
Algo que comentar?